Os Fernando Garrido

SindicatoPor curiosidade e coincidencia, en nomes e apelidos, pero con idénticas inquietudes, ambos Garridos, foron entusiastas defensores daquelas ideas avanzadas dos anos 1.918.

O primeiro Fernando Garrido foi nado en Cartaxena en 1.821. Atraído polas ideas avanzadas daqueles tempos, foi un republicano, preocupado polas chamadas clase baixas. Foi pioneiro no cooperativismo é dedicou toda a súa vida a “propagación da revolución social”.

O outro Fernando Garrido, nado en Fornelos da Ribeira, onde aínda viven descendentes, foi un entusiasta defensor da cultura e a educación,sobre todo na Nosa Terra en compaña, co entrañable Amadeo Monteagudo na constitución da Xuventude Progresista de Fornelos.

No “Eco de la Juventud”, a asociación, publicou un folleto de propaganda na “Defensa do Socialismo” polo que lle valeu o cárcere a este cartaxinense, pero non quedou aí a cousa: Publicou, entre outros, a Historia de las Clases Trabajadoras y La Humanidad y sus progresos, que os nosos amigos Amadeo Monteagudo y F. Garrido, servíronlles para fundar as xuventudes progresistas.

As ideas e os pensamentos de Fernando Garrido de Cartaxena, periodista, políticos, poeta e viaxeiro, foi un grande entusiasta propagador do socialismo, que os nosos entusiastas loitadores fornelenses, levaron adiante aquel Sindicato, animado polos irmáns residentes en Bos aires.

As ideas de Amador Monteagudo e F. Garrido, tiñan, polo tanto, a labor de participar daquelas novas ideas que pensaban, resultaran eficaces para as novas xeracións creadoras de riqueza.

Como podedes imaxinar xa daquela, o pobo da miña aldea de Fornelos dispuña de xente preparada e ilusionada para a través das asociacións sindicais, crear, como así o fixeron despois, sectores produtivos onde a agricultura, pasando pola industria, construción é servizos, elevaran o benestar social, cultural e económico da súa Terra, amparados naquela Xuventude Progresista que contra a precariedade da financiación e a minúscula valoración da importancia social da tarefa daquel mal chamado servizos sociais, aportaban os caciques de sempre. Aqueles que non lle interesaban mais que ter a estas xentes, tal como ollaban na igrexa de San Xoán, a Santiago é debaixo do cabalo o mulsumán. Este era, e non outro, o pensamento do caciquismo galego.

Triste é dicilo, pero eu aínda me lembro de pequeniño como esperaban,refírome as xentes de Fornelos, a que as chamaran para traballar, e lles regalaban as migallas do pan que comían.

Eu, amigos, como fillo de Deus, para todos eles o meu respecto e consideración pola loable loita. Cousa que non se fai porque esta xuventude de agora está durmida ou atrofiada. ¡Que se lle vai a facer! Eu so digo: Segundo sementedes, recolleredes a colleita. Non digo mais.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion