O testamento de Judas

santiago navidad

santiago navidadDeume por aí, é recollín o Testamento de Judas. Que espero guste.

Dicía: Eu, Judas, “o traidor”, maior de idade, solteiro é labrador, veciño dos corruptos, con residencia neste rueiro, ante o pobo, declaro que enfermo estou, dende entón, é herdalos eu quero, porque desta si me vou …

E, digo eu, non é conto,
Nin cousa murmuradora:
Contoumo o taberneiro,
É tamén os bebedores.

Hoxe, vinme elegante,
Vestidiño de roupa limpa
Aquí a San Xoán de Fornelos,
Disposto a facela festa.

A verdade, eu, os a digo,
Onde queira que a encontre:

“Os pantalóns que levo postos
Deumos o meu veciño;
A camisa que levo encima
Ma regalou Antoniño.

(Con un bocadilo incluído
É un bo vaso de viño).

Chaqueta de “deputado”
De Pontevedra o mínimo,

E o vir da Paradanta,
Púxenme as gafas seguido
Para ver as malicias
Do pobo entristecido.

Esquecéuseme a boina,
Díxome o panadeiro,
Da tenda do Bernardino.

O calzón está noviño
É so ten un buraquiño.
Por ser de cor vermelliño.
Me o deixou o Manoel,
O fillo de Saborido.

Un saúdo agarimoso
Para tódolos veciños.

Eu sentireime moi gozoso
Si me limpan o camiño
Agora veño montado
Neste burriño, amigo.

Os amigos de Fornelos
Lle pregunto polos viños,
Pola noite e polo día,
Por iso cando os vexo
Din andar de cagarría.

Pero, ¡non! Amigos ¡non!
Para min é unha ilusión
Que moito estimo,
Agarrarme o pantalón
Cando roubo un acio.

Por iso, ¡amigos! Os digo:
Cando cheguedes a meu destino,

E a morte, a min me toque
Que me encerren en “San Roque”
O gardar os “Testamentos”
É con estes documentos
Nunca poderei esquecer
Os meus Estévez Cambra,
Do Casco e veciños en xeral.

Lembrareille o meu banco
Lle presten o calzón,
Todo “pola democracia”
Que agora anda de espello
É lle persegue a desgraza

Eu, son nado en Fornelos,
En Fornelos da Ribeira,
O confeso ante testemuñas
De todo o que os digo:
“Que non me leve o vento”
Coas trinta moediñas.
Quero morrer caladiño
Para ben das nosas veciñas.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion