Crenzas e Costumes da Terra

costume choiva galiciaPara completalas crenzas do noso pobo, algunhas xa se van perdendo, algunhas si van quedando porque o pobo lles gusta conservalas. Así temos, entre outras, que cando as nubes van baixas, dunha cor branca coa vexetación, din vai chover.

Cando se observa unha fileira de formigas, unha detrás da outra, tamén é sinal de chover. Cando ouvea o can, é sinal de que alguén vai morrer.

En canto, por exemplo, enterraban a un defunto se facía vendo o sol nacente, ou sexa coa cabeza ollando o oeste. É por exemplo, un neno, vindo o poñente; ou sexa onde se oculta o sol (oeste). O traxe negro era sinal de loito.

Outra: Cando o can envorcallábase patas para riba, era sinal de visita.

Pola noite de San Xoán, acostumaban as mulleres a cortarse os cabelos, para que lles crecera mais. É cando unha bolboreta entraba na vivenda anunciaba visita, ou a morte dun parente afastado ou dun amigo. Cando treboada a terra ou o Ceo, pensaban nalgunha desgraza.

Cando repenicaban as campás da igrexa, segundo se facía, estaban anunciando a morte dun veciño. É nas festas e días de solemnidade en cada parroquia as xentes lucían as súas maiores galas. Así era, e así é, en algunhas cousas, as costumes das nosas xentes.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion