¿Onde está o cooperativismo obreiro galego?

los otros bufones de velázquez - cooperativismoVemos algúns denunciando a pobreza ou como se explota. Tamén como se xustifica. E do sufrimento da nosa xente, pero ninguén lle pon remedio a tan grave mal.

Ante as demagoxias dos gobernos, autonómico como nacional, o cooperativismo debera concienciar as súas bases, a fin de que mediante unha educación liberadora, que non se fai, enarborar a bandeira da auto estima, na planificación e programación das empresas coa participación obreira.

O paso que vamos, seguiremos sendo bastardos dos intereses de todos coñecidos. Dun sistema ante humano – capitalista, que xamais dignificará o home e a muller, senón que os estrullará, como un limón, en beneficio propio.

É como din algúns:

Para escapar da rapina e o egoísmo, nada como o cooperativismo.

É tamén:

Iso de que a unión fai a forza, o sabe o tío listo e tamén o verza.

O sistema capitalista está tocado de morte e quere revivir, e non sabe como. É o inimigo que ten naceu nel mesmo, a desocupación en masa, a burocracia, os monopolios, as crise de pouca vida, a desgraza moral do pobo, poden dar perfectamente a reposta o que está pasando.

Temos a Dinamarca como exemplo, con unha base económica agrícola, europea, un pais ben educado, simpático e traballador, é un pais cooperativo por excelencia. É nos ¿que?

Hoxe temos polas nosas rúas mendigos, indixentes acompañados polos Se Alquila, Se Vende, Se traspasa. E non o digo eu, o di o The New York Times, que o ilustra con fotografías como os nosos irmáns pululan polas rúas “rebuscando”, incluso nos colectores da merda que lastramos.

Son, amigos escenas tristes na que nos imaxinamos a vida de tantas xentes vagando polas rúas, sen rumbo, dende a saída do sol ata que se pon. É o Se Alquila, Se Vende, Se traspasa alcanza cada día o imaxinable.

Pola prensa diaria, pola televisión e por internet, vemos como se explota a pobreza, como se xustifica é tamén como sofre a nosa xente.

Pois ben, para que o The New York Times non fotografe esta triste realidade, temos que acabar coa dor e a erradicación da miseria do noso pobo. Porque non nos esquezamos que os mendigo, indixentes son tan nosos, da nosa propia carne como os letreiros de Se Alquila, Se Vende, Se traspasa, igual que as rúas, paseos e avenidas das nosas vilas e cidades.

Pensemos que, cando un tolo, un pobre, un enfermo ou unha persoa maltratada, incluso un velliño sen amparo, sentimos nas súas miradas que nos sinalan o mais humano e valioso do seu corazón algo nos está sinalando, ou ¿non?

Os bufóns do gran pintor Velázquez ¡canto nos fai reflexionar!

Porque a rúa, os paseos ou as avenidas pertence a maioría das xentes que non se manifestan nin asisten as manifestación, por algo será. Alá cada cal, coa súa conciencia. Pero non nos esquezamos que os causantes de tanta miseria somos todos é a todos nos afecta. E non podemos permitir a ruína do noso pobo a favor de catro políticos adventicios ou corporacións. Nada mais.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion