A Adega Coto Redondo de Rubiós

bodegas coto redondo vino

bodegas coto redondo vinoCon motivo da festividade da Pascua, celébrase no Concello de As Neves esta tradicional romaría onde se degustan as rosquillas, a mel, os queixos e o viño da zona. E consecuente con elo, estes viños da Adega de Coto Redondo os pes do monte San Nomedio en Rubiós. Forman parte da tradición, aínda sen querelo.

Historia.- Ben fundamentada polos viñedos de Meder que na Idade Media xa se levaban a Roma e Inglaterra, polo Conde de Gondomar.

Filosofía.- A adega Coto Redondo ten o privilexio de ostentar a súa mellor situación zonal do Condado de Salvaterra do Miño – Paradanta, sen desmerecer os outros viños. Meder foi sempre con Rubiós o paraíso dos tintos do “Señorío de Rubiós” e “San Nomedio” baixo a D.O. Rías Baixas. Ademais, dispón de “Terra Xuliana” monovarietal souson, “Piñeiral”, e sen dubida algunha o “ Val de Xuliana” en albariño, premiado moitas veces pola súa calidade.

Viñedos.- As fermentacións fanse o natural para posterior selección dos viños, que nun futuro serán grandes, como o “señorío de Rubiós” en tinto, e o “Val da Xuliana” en albariño.

Adega Coto Redondo.- Situada na Bouza do Rato en Rubiós merece ser visitada e probar “in situ” os viños salientados. Todos teñen o compromiso da calidade xustificada polos premios e mencións. E tamén pola aposta tradicional que non é pouco, tecnoloxía e o bo facer.

O espírito innovador de Adega Coto Redondo, fai que cada ano o viño, en cada barrica ou en cada botella controle ata o último detalle posible. Eu, que penso sempre da categoría dos nosos viños, recoñezo que todos son bos, e si falo desta zona e porque a percorrín de pequeno con familiares que vivían en San Adrián de Meder, Taboexa, Rubiós e Tortoreos. ¡Así é a cousa!

Estes viños, como eu digo, e non son un grande esperto teñen calidade, personalidade propia e diferentes entre si. ¡Que vou a dicir deles, si son un entusiasta amigo deles!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion