Polas montañas e terras silvestres (I)

asnoEmpezarei por presentarnos: “Lameiro e mais eu”. “Lameiro” e un burriquiño ou asno virtual, laborioso, con moito aguante, que aínda de pouco alcance e entendemento, non só faime compañía, se non que moitas veces teño que “apearme do burriño” e recoñecer que ambos nos equivocamos de vieiros e rueiros, e non é por aquel de non ver tres en un burro, non.

Noutros tempos acompañábame o bo amigo Sancho, pero dende que partiu para a Mancha, non souben mais del. Posiblemente, as “retrancas galegas”, non lle caian nada ben. ¡posiblemente! Pois ben, empezaremos por lembrar que Lameiro, e non o digo por “a lama” e mais eu, o amigo de sempre. Empezamos por estudar o que representa a NOSA TERRA, os vieiros que converxen cos rueiros, as terras dos pazos, o clima suave que fai fecundalas, dende hai mais de 400 anos na que moitas familias construíron os seus eidos e fogares con renomeados alcumes, hoxe apelidos, como os Aballe, Troncoso, Soutomaior, Saavedra, Sarmiento e outros que foron testemuñas do noso Patrimonio cultural e histórico que conforman o Condado – Paradanta.

Para empezar o viaxe, saímos Lameiro e mais eu cediño, para situarnos nesta primeira viaxe, de paisaxe dos montes entre Salceda de Caselas, O Porriño e Ponteareas, coas enormes formas esféricas dos chamados “Penedos de San Cibrao” para continuar polo “Faro de Budiño” e descender a Picoña polo Alto da Forza, percorrendo a repoboación forestal ata Casa Grande.

Deixamos atrás a Ermida de San Cibrao e o descenso da Cruz para atravesalos pazos e chegar a pola de Suso, a Casa Rural e Restaurante. Non queirades saber que non é nada fácil. Lameiro e mais eu, ¡por fin! descansamos. Lameiro comeu a súa ración e eu, unha conca de tinto con uns chourizos asados que estaban precisamente para “comerse” con un bocado de pan. Como así foi.

Seguimos avanzando uns dous quilómetros para chegar o Parque dos “Agoreiros”. Dixen ben. De aquí, o pazo de Aballe por unha frondosa vexetación, camiño de Salceda de Caselas ata a igrexa de Santa María,antigo mosteiro, para preguntar polo rueiro das Covas, o merendeiro e o pazo de Pegullal, pero un descoido fíxonos desviala ruta a capela de Pedradauga, e a igrexa de San Xusto. ¡Todo unha odisea! E foi aquí onde tivemos certas dúbidas polas terras de cultivo vinícolas, bosques e vexetación, dándonos conta de ter chegado novamente o Alto da Forza. Un vieiro levounos o Faro novamente.

Cansos das voltas e revoltas, Lameiro xa non estaba moi conforme con seguir. O final chegamos a Salceda de Caselas, non sen antes contrastar o sentimento relixioso e cultural da terra de Martín Sheen. Deixamos a igrexa de Entienza, cos seus castros, Santa María coa súa Cruz Latina, a capela da Ascensión, collendo o rumbo o Cerquido e o rueiro da Lomba e como non soubemos saír, volvimos o Penedo Redondo, dando volta e mais voltas polo chan do penedo das Arroteas, que por certo ten unha panorámica dos vales de Salceda que ofrecemos os lectores. E sen saber como, aparecendo diante de nos o “Torreón de San Blás” e terminar no casco urbano, para descansar toda tarde dunha espléndida xornada.

Na igrexa de Entienza divisase unha panorámica do Miño na súa desembocadura o Atlántico. Asomarse o Penedo da Seta, e unha lembranza do noso viaxe: árbores silvestres, como os pinos, castaños,bidueiros e carballos que nos son propios. E da fauna, os verderoles, xílgaros, merlos, colibrís, torcaces e paxaros carpinteiros. Algún lagarto ou réptil, ran ou sapo, e insecto como a libélula, e mamífero como o conexo.

Rematámolo viaxe, cansos de andar polas montañas e terras silvestres deste noso Condado de Salvaterra do Miño – Paradanta ata outra nova ocasión. Lameiro que non entende moito e mais eu, esperamos guste a viaxe.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion