Polas montañas e terras silvestres (II)

santa mariña de xinzo ponteareasFora un domingo calquera cando Lameiro e mais eu, chegamos a Xinzo de Ponteareas, polo Alto do Confurco, aproveitando a estrada N-120 camiño de Ponteareas. Enclavada na Comarca do Condado da que é a súa capital. Bañada polo río Tea compre admirar as capturas da lamprea e troitas, do que eu fun testemuña algunha vez, na miña xuventude. O río que fecunda a comarca e vales do seu nome.

Lameiro e mais eu, collemos rumbo a feligresía de Santa Mariña de Xinzo, continuando polos espazos naturais de que goza,ribeira do río Tea, A Picaraña, as serras próximas agora que na primavera florecen as árbores e plantas, e a beleza da paisaxe chéganos a todos.

Xa iamos ben documentados, eu mais que Lameiro, para acometer os puntos mais problemáticos de cara o Suido, a Castrelada e o Coto dos Infernos coa posibilidade que ofrece o descubrimento de fermosas vistas de montañas históricas polo que, cando cheguemos o Suído, cos cabalos, zorros e lobos asistiremos, a bo seguro, o espectáculo, si é que se deixan ver …

Despois, pensamos baixar o pe do río Tea, ver a obra da Natureza polos belidos vieiros as atalaias deste territorio que percorrín sendo mozo. Dos límites de Ponteareas nacen regatos que alimentan parte do territorio, formado por un grande número de parroquias, hoxe abandonadas polos seus propietarios, algúns fora de Galicia, que lles custaría recoñecer polo seu crecemento deixando de ser aquela “vila” para converterse nunha cidade. Xa era, tamén sen tempo.

Chegamos a Santa Mariña de Xinzo, lembrando as “peixeiras” e a familia de Grobas, musicais eles, así como outros ilustres personaxes, os que lle prestaremos a debida atención en capitulo aparte.

Quixemos experimentar percorrendo os rueiros, un a un, dende As Balsadas ata chegar O Viso. Ollamos o Cruceiro do século XIX, como Ben Cultural, dirixímonos polo O Souto arriba, centro de Santa Mariña onde recollemos algunha información; entre outras, que as mulleres dominan sobre os homes. E xa da Rúa e Granxa camiño de Ponteareas e punto final do recorrido.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion