Fornelos

Rio Tea Fornelos da RibeiraA Terra Nai de moita xente e a miña é un “enclave natural”.

Porque os que descoñecedes esta parroquia de San Xoán, é fermosa toda ela, dende a Ponte das Partidas en Moreira ata Pesqueiras, enlazando polo río Tea coa Aceña,que fai anos eu pintei nun lenzo,que conservo como “ouro en pano” polo paisaxe, a pequena praia fluvial e o paseo que tantas é tantas veces paseei na miña xuventude, nos veráns co o amigo Manolo Aparicio, Miro (q.e.p.d.) e Lecio, cuxa amizade aínda conservo a Deus Grazas.

Naturalmente neste proxecto pola parroquia aparecen fermosas panorámicas.Basta subir o adro da igrexa, o pe do Coto de Sá. Ides baixando pouco a pouco ata As Fraguiñas e seguides polo rueiro de Rañe ata o pe do río Tea.De alí partides a Pesqueiras río abaixo con un frondoso bosque de ribeira con fresnos carballos e outras especies e fauna. Porque Fornelos da Ribeira, non é que o diga eu, ten paisaxe, ten cultura, ten tradición e ten natureza que a enlaza co río Tea ata o Miño.

A recuperación do patrimonio en forma de cruceiros (xa faltan algúns), o muíños, as casas con historia, Correa, Alvarez, Brei, Queimadelos, Cambra, Estévez Cambra (Roxelio), e algunhas que xa non lembro,coa silueta da igrexa dende o alto do adro, fai de Fornelos, o recordatorio das historias dos antepasados, entre os Avalle, Sarmiento, Álvarez de Soutomaior, por non citar algúns mais que tamén os houbo e que deron “guerra” na “Idade Media” coas loitas con Portugal.

Eu que son un namorado da miña fermosa terriña, fixen tantos viaxes por ela, que agora que xa non vou a ela, pola idade, fago viaxes de “memoria” lembrándome de todo o seu entorno chegando, incluso, ata San Andrés de Lourido, e da “escola” no “Eido Vello”, onde aprendín a ler e escribir.

Do Río Tea, nunca me esquecerei da lamprea collida nun alarde de xuventude, os máxicos espazos envoltos por aquela vexetación chea de encanto, onde amigos e posible descansar e tomar un baño no río, neste mundo rural, senón no medio ambiental do conxunto de esta histórica parroquia. ¡Ben merecida tes esta miña reflexión, fornelos, da miña vida!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion