É un dos expoñentes do ecosistema que a penas foi alterado pola man do home.
Quen queira entrar nun vieiro onde refuxiarse do mundo do ruído ou da crise económica ten aquí no Condado de Salvaterra do Miño – Paradanta, unha solución axeitada, a calquera estrada e rotas necesarias para o desenrolo de excursións a pe, en bicicleta, vehículo particular e, en grupo.
Eu me digo sempre, que en cada rueiro e vieiro hai sempre harmonía histórica, nestes pobos, e civilizacións que encontraron asento nestas terras do Condado – Paradanta. O mais recente, en 1.808 derrotando o exercito de Napoleón. Sinalado está o rueiro.
O Condado de Salvaterra do Miño – Paradanta é un territorio para os camiñantes e curiosos ben preparado, con estradas,camiños é sendeiros para entrarse no interior, observar recunchos, igrexas, ermidas e casas solares, dos antigos fidalgos, que houbo naqueles tempos da Idade Media. As cores de auga, saltos e cascadas, os muíños, a pesca do salmón e troita, sen deixar de nomear a lamprea.
O pai río Miño, destacado sempre por vida, contribúe co seu potencial natural a ¡ben vida! turística, e invitando os que queiran visitala, porque aquí podedes observar as nosas maneiras de vida que non deixan de sorprendelos a cantos nos visitan.
En fin, os ofrezo unha xoia de Galicia, para coñecer novas formas de descanso, de convivir coa natureza e do beneficioso descanso que o corpo se merece, tanto para uns como para outros.
Dejar una contestacion
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.