De vida en vida e morte

neno anciano vida morte

neno anciano  vida morteAgora que, como digo, xa vou de retirada lémbrome dun pequeno estudo sobre as funcións das nosas reservas enerxéticas que non somos animais aínda que nos comportamos como tales, mais aínda, como bestas. As actividades experimentadas do poder desenraíza a natureza, sendo a única fonte que alimenta as nosa vidas, e vivimos aterrados ante a idea da nada e o miñas alá.

Unhas emocións, xurdidas dos nosos instintos primarios animais, endereitados coa conciencia do aquí -agora- da vida e noutro lado, da barreira da morte, e un espírito, unha actitude evolutiva, ante a existencia. Sempre entendín en que a evolución da nosa especie, en funcións das reservas enerxéticas, defínense:

1).- Supervivencia.
2).- Sexualidade.
3).- Loita polo poder (1).
4).- Afectividade.
5).- Comunicación.
6).- Coñecemento.
7).- Conciencia.

En canto a loita polo poder (1) o dividín en animal, como unha estrutura de poder xerarquizada pola cualificación seguindo a orde natural. Ser humano, por unha estrutura de poder xerarquizada seguindo a orde “pervertida”.

Analizámolo corpo, feito dun 80 % de auga que ven condicionando a nosa saúde. A nosa temperatura de 36-37º fala de por si da nosa importancia, e do aporte de enerxía para manter e facer fronte as demandas que supoñen, traballar, camiñar, pensar e por etérea, que a nosa actividade pareza, os alimentos sólidos ou líquidos nos son necesarios, e os combustibles tamén
para climatizarnos, e pasamos das cavernas ata as ruidosas cidades nas que vivimos.

E si falamos da mente, direi que demanda un aprendizaxe e un obxectivo que nos permite acceder o coñecemento e facernos libres. E si falamos das emocións, e o mais delicado alimento, dende a teta da nosa nai que condiciona o noso desenrolo ata as nosas relacións afectivas conscientes e inconscientes.

E si falamos do espírito, so terá opción de acadar a súa dimensión fronte a “existencia”.

A actitude autodestructiva, tan xeneralizada nestes tempos “afogan e nos anega de angurias, pánicos e medos”.

A conmoción profunda de enerxía animal primitiva, lévanos a un proceso de racionalización e concenciación cristalizando as reservas enerxéticas nas sete calidades e funcións indicadas

Sempre pensei que a alteración, o traumatismo contra a natureza, supón a perversión das loitas polo poder (3) tendo consecuencias para a especie humana e o desenrolo ( 5-6-7) non accesibles os animais, e a modificación do instinto animal de vida en vida e morte. A perversión, acentúa a animalidade dos animais (1-2-3) e o oportunismo especulativo nos animais (4-5-6-7).

Non sei, si isto servirá para moito, pero digo que a especie humana contamina e deixa secuelas, desamor, actitudes negativas, sendo (7) e non o (4) as formas de contaminación que xenerosamente vertemos no noso quefacer diario.

Nin que dicir das nosas actividades especulativas do poder pervertido: Voracidade que nos desenraíza da Natureza e nos asume na desolación do ter e non ser un mesmo, que é a fonte que alimenta xenerosamente a tendencia consumista e contaminadora.

E chegamos o final coa ecoloxía que ten que ser humana e sabia, tanto no afectivo, como no nacional, no social, no laboral, que nos faga evolucionar interiormente o ser humano, para chegar o “goce da plenitude da coherencia”, que tanta falta fai.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion