Reflexións sobre cooperativismo

cooperativismo escola salvaterra paradantaDigo eu que, é indispensable fixar la crenza e as ideas básicas do “cooperativismo” para saber a onde se pode ir. Para o que isto subscribe, tanto o esencial como as ideas, hai que buscalas na natureza propia do home, porque é el, o verdadeiro e único protagonista da historia cooperativa.

A imperfección do home tamén entraña, como consecuencia, danar a outro; necesidade de autoridade pública, que dentro dun orde poña a súa propia iniciativa: Necesidade dunha organización económica e social, que está “inclinado” a realizar o menor esforzo posible, e a necesidade dun certo control social. Isto é así o creamos ou non.

Afirmase que é subxacente a toda acción cooperativa estar tacitamente presente en toda a súa obra. E así.

O Cooperativismo e unha doutrina porque os obxectivos e métodos dedúcense da concepción do “home” e da “sociedade”. E porque aspira a conformar a organización da “cidade” a unha concepción da natureza filosófica e moral que se fai dos homes e das súas relacións.

Por iso digo, que da concepción do home derivase a concepción social da cooperativa, a saber:

A).- Si o destino do home e o desenrolo da súa “espiritualidade”, todo debe estar o servizo do desenrolo.

    1).- A Sociedade, con un Humanismo económico.
    2).- Traballo e prosperidade, coa economía do traballo.
    3).- Bens, coa economía da necesidade.
    4).- Técnica, o servizo da economía humana.

B).- Si o home e un ser libre e responsable, a organización a súa imaxe, debe ser dunha economía independente e de responsabilidade.

C).- Si o home e un ser imperfecto, ten a necesidade dunha economía organizada e dunha educación.

Digo isto, porque en cada un distes conceptos na súa aplicación, o cooperativismo como doutrina, son desenvolvidos, por exemplo por REZSOHACY, con unha lóxica rigorosa que permite identificar aquel, en oposición o “capitalismo liberal”, que non interesa o home mais que en canto o suxeito económico; e o “socialismo totalitario”, e n canto que o home só importa como membro e o servizo da sociedade que pretenden construír chamada comunista.

O camiño que leva da doutrina o método non e necesariamente ríxida nin doutrinaria; pode ser múltiple e aferrarse a técnicas xa pasadas por auga.

Digo eu, que podemos desenrolar o “método” e outros “principios” da seguinte maneira:

1º.- Unha economía de servizo o home (Humanismo económico), facendo unha economía de “harmonía e equilibrio”, exixente co Principio da doblecualidade de socio e usuario.

2º.- Unha economía de desenrolo humano, baseada sobre valores espirituais do home; unha economía que domine a técnica; unha economía de responsabilidade, de asociacionismo, de Democracia.

3º.- Unha economía de independencia, de non coacción, en liberdade.

4º.- Unha economía de “traballo” para organizar a propiedade cooperativa e por en xogo a “retribución cooperativa”.

5º.- Unha “economía da necesidade”. Hoxe mais necesitada que nunca.

6º.- A solidarizade cuxa expresión será o internacionalismo. Xa a Alianza Cooperativa Internacional ( A.C.I.) nos afastados anos de 1.960 recollía e recomendaba aplicar:

    1.- Solidarizade e compromiso.
    2.- Igualdade e exercicio de democracia efectiva.
    3.- Operacións non avaras. Non o que esta a pasar cos bancos.
    4.- Equidade, honradez e proporcionalidade. Hoxe desaparecida da nosa sociedade.
    5.- Educación Cooperativa, entendida como unha expresión de cultura e formación.

Esta é, e non outra, a natureza da cooperación, descrita de innumerables modos, pero insisto: En unha cooperativa, plenamente democrática son os socios usuarios do servizo e teñen dereito a designar e elixir os directores e administradores. Da aí o fracaso de moitas cooperativas actuais.

Unha cooperativa democrática desenrola programas educativos eficaces, e da oportunidade de capacitación a tódolos niveis. Outro fracaso mais de moitas cooperativas actuais.

Lembro que a cooperativa e esencialmente un instrumento da “XENTE LIBRE”, e o mérito do cooperativismo e a súa aspiración a traducir na vida concreta de cada día e mais concretamente, no campo da economía e do cambio, actitudes e principios morais. E si o cooperativismo presente e futuro non actúa como feito diferencial fronte os outros sistemas que nos levou a ruína; si os seus métodos chegan a confundirse cos sistemas capitalistas liberais, haberemos perdido toda razón de ser, digan o que digan, incluso a estatísticas. Este é o meu “recado”.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion