San Martiño de Barciademera

San Martiño de BarciademeraSan Martiño de Barciademera é, unha feligresía do Concello de “O Covelo”, separada polo río Alén que a separa en parte de Mondariz. Foi, nos seus tempos abadía e tivo mosteiro, algúns sinalan onde estivo a primitiva igrexa ¡non discuto! a capela da Inquisición, que tamén a houbo, os frondosos árbores carballais; a “fonte das augas”, onde tal vez bebera, algunha vez, o meu parente, cura párroco desta feligresía, fai tantos anos, que a información que teño é moi vaga.

Eu, que presumo de que debemos coidar o noso patrimonio, a “casa reitoral” é un fermoso conxunto barroco como tamén é a igrexa, onde, non estou moi certo, si nacera María del Pilar, ou Ildefonsa Alonso Cambra, a miña madriña, aproveitando unha “visita” a casa por parte da súa irmá Rosa Cambra e Rivas e Francisco Alonso. Loxicamente, o cura párroco era Manuel Cambra e Rivas; un irmán mais de outros que houbo na familia.

Falando da reitoral, ten relevancia non só por si mesma, senón polo Pazo Abadial, e tamén por ordenala o abade Alberto Barreiro e Belo en 1.566 ¡xa choveu!; agora ben, teño entendido que o “Atlante” que a remata e un aborixe de América, e non sei que me di, si ten algo que ver co seu irmán José María Cambra e Rivas, cura párroco de El Azul, na Arxentina, a onde foi a dar coa súa vida, ata súa morte o 6 de marzo de 1.911 os 71 anos de idade. ¡Votade contas!

Eu, amigos, aínda que son agnóstico en materia relixiosa, non deixo de recoñecer o gran patrimonio Cívico – Relixioso que viñemos estragando ata agora, demostrando a nosa incapacidade cultural de gardalo e coidalo, non só para o noso gozo, senón, para todo o mundo.

Os recomendo visitar a “casa reitoral” e a monumental cociña e a súa orixinalidade, onde estou seguro, de usala, a miña familia, mais veces que unha, qué tan ben sabia cociñar.¡ como era lóxico!. O aproveitamento da auga para o muíño formando parte prioral, pero para elo, hai que visitala con un bo xantar e un viño da terra, un bo descanso para o goce de tan fermosa paraxe.

Rueiros tendes para visitar: Alén, A Carballeira, Carredás, Caxil, O Ceo, A Corcoveira, Espiñeiro, Mera, Os Oleiros, O Pazo, A Peleda, As Pereiras, Redondo, O San Amaro, Os Seixedos, O Ucedo e Vilanova, que posiblemente recorreu o crego Manuel Cambra e Rivas, unha vez andando e outras a cabalo do burro, para atender as “enfermidades espirituais” dos seus feligreses. Esta é a historia, e outras que os teño de contar, si a saúde mo permite. Unha preta a todos e que os guste.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion