A Fonte do Pindirico en Rañe

Fonte do PindiricoricoEsta antiga fonte que abastecía os rueiros onde o meu familiar Emilio Domínguez Cambra vivía coa súa avoa de regreso de Bos aires, deixara de funcionar pola pouca atención e a desidia dos veciños.

Veciños como Dolores Castro, Benito Martínez, Amador González e Valeriano Cid, decidiron recuperala, como residentes do rueiro de Rañe de Abaixo. Xa no Concello de Ponteareas.

É foi grazas o concello quen lles prestou a pala e os 180 euros en gastos de material, ademais da boa disposición de estes veciños, desempregados, para que funcionara a Fonte do Pindirico.

Eu, nado na parroquia de Fornelos, síntome tristeiro que non haxa na parroquia unha asociación participativa para arranxar estas e outras obras de conservación que forman parte do patrimonio artístico da parroquia, non so polo servizo que prestan unhas, como pola conservación daqueles bens recibidos dos nosos antepasados.

Eu non teño nada mais que felicitalos pola boa obra, polos coidados da auga para o consumo humano. É congratúlome da iniciativa, que serva de exemplo para recuperalas catro fontes mais, os tres lavadoiros que son patrimonio da parroquia.

Non esquezamos de conservar o patrimonio que os nosos antepasados nos deixaron. E obriga nosa conservalos. É como di, Benito, que esta iniciativa sexa, ademais da recolecta de cartos, a participación de tódolos veciños na conservación e engrandecemento do que nos deixaron. O abandono di moi pouco dunha parroquia que sempre tivo a sorte de vivir en ela, xente de ben.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion