Pola construción dunha cultura cidadán

educacion publica popular

educacion publica popularAmigos meus: O paso que vamos temos que prepararnos e involucrarnos neste proceso formativo para as novas xeracións de cidadáns que se aveciñan, saiban defenderse na vida. No tempo de crise, como agora, mais aínda.

1º É noso deber de asumir unha postura crítica e construtiva fronte a cal quer política; recoñecer o valor da xustiza nunha sociedade democrática, e a importancia de asumir con responsabilidade os dereitos e deberes adquiridos.
2º Identificar o valor fundamental de involucrarse na busca de solucións os problemas que nos afectan en canto a membros dunha comunidade, allea a formulada xa.

3ª Asegurar unha apropiación consciente dos mandatos constitucionais que organizan as nosas vidas, como españois e galegos que somos.

Para chegar a construción dunha cultura cidadán fainos falla, un programa de educación, estruturando en traballos de distintos niveis da educación preescolar, básica e media. É, nas asociacións de veciños y outros centros culturais exactamente o mesmo.

A metodoloxía do programa esencialmente interactiva e construtiva, ten que ser coherente coa filosofía e o tipo de relacións pedagóxicas que deben acompañar o ensino das Ciencias Sociais, e, dende logo, o desenrolo de competencias cidadáns que promovan o traballo en busca de consensos e a aprehensión de contidos.

A metodoloxía, meus amigos, é a promoción de opcións na participación democrática, fomento da tolerancia, aprendizaxe comunitario, e o da propia vida

Promover as destrezas do pensamento crítico, analítico e obxectivo.

Involucrarse na comunidade educativa no proceso de formación cidadán.

Apoiar a participación da institución educativa, favorecendo actitudes positivas, dialogantes. Recoñecendo os valores e as razóns do outro, aínda no disenso.

Isto que os digo diríxese fundamentalmente a intervir nas competencias cidadáns no eixo da participación é responsabilidade democrática, promovendo e participando na institución estudantil, nas iniciativas democráticas en cada rueiro, a partir do recoñecemento do papel da cidadanía no marco constitucional.

Eu os digo que os dereitos humanos son unha ferramenta pedagóxica para a súa ensinanza é aplicación nos nosos eidos do Condado de Salvaterra – Paradanta.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion