O Fornelos da Ribeira de acá e os de acolá

escolas emigracion fornelosVéñolle dando revoltas a memoria como aqueles irmas nosos emigrantes na Arxentina promoveron o asociacionismo de base “micro territorial” coa parroquia é sen embargo, no pais de acollida promoveran o “macro territorial” no que os xornalistas da colectividade xogaron un importante papel.

Naqueles tempos había periódicos de todo tipo, que actuaban de catalizadores na difusión das inquedanzas asociativas, como vínculos de comunicación, entre os coterráneos, que chegaban a nos como un crisol fundamental.

En 1.888 a cidade de Rosario na Arxentina, foi pioneira, aínda que efémera. “Nova Galicia” na contribución da federación de asociacións galegas, O “Centro Galego”, capitalizador do “Correio de Galicia” cos seus conflitos que de todo houbo. Pero de toda aquela prensa galega de Bos Aires, “en nome da harmonía comunitaria”, cousa que non se fai hoxe na nosa terra, conciliaban coa discordia, buscando unha solución ideal, cousa que tampouco hoxe se fai, entre a sociedade civil e a esfera política.

Eu que veño de ler a Núñez Seixas, non me cabe na cabeza a inquietude daqueles emigrantes nosos é a actitude dos nosos conveciños de hoxe. Aqueles “HIJOS DEL PROGRESO” creando ámbitos de sociabilidade, carácter netamente noso, cos de hoxe, que non se axustan a aquela realidade De feito “así nos vai e a si nos irá”.

Non fai falla un discurso progresista, democrático, anticaciquil, independentemente da existencia dun sinxelo sentimento de identidade, para “apartar as redes e prácticas clientelares” polo interese xeral da colectividade. Mentres tanto así nos vai. . .

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion