A Historia do Viño Albariño de Tortoreos

uva vino albariñoEmpezarei por falar do imperio romano que gozaban dun clima mediterráneo, difícil de entender hoxe en dia, nos nosos eidos.

Pero, así foi para os romanos estendelos viñedos polo continente europeo ata nos. E grazas o impulso evanxelizador da igrexa, todo hai que dicilo, fóronse fundando os mosteiros é abadías, como esta de Tortoreos, onde o cultivo dos viñedos creceron como a espuma.

Na Idade Media, por exemplo, os médicos franceses, o consideraban como un remedio curativo, que axudaba a dixestión. Certamente, din, e eu o afirmo, que aclaraba o humor (os nosos furanchos, así o indican), xera “boa sangue” ¡tamén é certo!, e se falamos da augardente aínda mais, segundo o criterio dos sabios no noso tempo, Álvaro Cunqueiro foi un deles.

A grande habilidade dos abades, o de Tortoreos fora un deles, en elaborar o viño, trouxo o comercio e a riqueza para as arcas da igrexa. ¡Como estaba aquela abadía, é como está hoxe! As riquezas do viño que se acumulaban nas abadías fixo que os vikingos tomasen nas súas excursións (que non eran poucas), afeccionásense a visitarnos coa chegada do bo tempo.

Claro que entón, os técnicos da conservación dos viños eran malas e o viño se avinagraba coa chegada da primavera. Disto, aínda me lembro eu nos meus tempos mozos. Pero, amigos, avinagrados ou non, cargaban as barricas deixando os abades e mosteiros sen previsións. Terminaron por escondelos baixo terra, de aí as adegas.

E entre vieiras, costeletas e albariño fóronse cociñando as festas gastronómicas en Galicia, moi especialmente na Vila de As Neves, capital do Sol do Condado.

A orixe é tan antiga como a de San Adrián de Meder, e como o home que bebeu o primeiro trago. Non teño coñecemento de cando na Abadía de Tortoreos, o espelido home apurara o experimento. Non vou nomear a ninguén, por si acaso. A Biblia di que “Noé dedicárase a labranza é plantara a primeira viña, que bebera do viño e se emborrachara e quedar espido no medio da tenda”. Neste caso, sería a adega, penso eu.

O que si os podo dicir é que o viño era esencial nos ritos funerarios e nas ofrendas sagradas. O temos incorporado co pan na igrexa católica, apostólica romana. É o viño é sagrado para o cristián.

Nos Saturnais permitíase bebelo viño ata as mulleres. Os romanos tamén eran moi afeccionados o viño que chegaban a beber de un a cinco litros por persoa e día. Disto temos referencias históricas que falan dun sabor forte de herbas aromáticas e de navíos fundidos no fundo do mar.

“Si bebo viño augado, berros me naceran no costado” dicía, Lope de Vega e Quevedo, no Século de Ouro Español, que falaban das costumes dos taberneiros de bautizalo viño, alongando con auga as cuncas dos bebedores.

O Albariño de autor da Abadía de Tortoreos, asentase nunha dos mellores chans do Sur de Galicia, nas Rías Baixas que elabora unha única casta de uva, baixo A Capital do Sol do condado nas que o autor adopta formas das plantacións, un pouco chocantes, na variedade monovarietal. No arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, en 1.614 fálase de Domingos de Lérez, sobre o arrendo de Xoán de Pazos, da viña da horta do coto dos monxes.

Pero sigamos: A costume de beber a saúde de vivos derívase dun acto relixioso polos mortos.

Eu, despois dos días dos mortos, é agora nas próximas festas do Nadal, de este 2.013 pídolles a todos un brinde con un trago simbólico, saúde para todos, con un albariño da sempre ben lembrada parroquia de Santiago de Tortoreos, onde un bo día rompín as costelas unha pozo do Ravelo desexando que todos poidamos chocalo co que tiñamos o lado. Xa sabedes que o paradoxo frances evidencia que o consumo do viño ten efecto preventivo contra o cancro. E a proba está nos franceses que a pesares de posuír unha dieta rica en ácidos graxos saturados, teñen unha baixa incidencia en enfermidades cardiovasculares polo tradicional consumo do viño.

Saudable é tomar unha copa de viño o día. É que ben falaba Álvaro Cunqueiro quen nos dicía: O viño e o noso señor do espírito.

Eu os digo:

Grazas querido albariño,
Da Abadía de Tortoreos,
Cheo de grandes emocións
Que doutros tempos
lembramos,
pasando alegres veranos,
Daqueles anos mozos.

Lembro a gotiña final
Dese albariño campión,
Que tomamos todos xuntos
Cantando o Celta o ¡alirón!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion