Ti mais eu

noite morteFai tempo que na miña mente levo a idea da miña plenitude, despois da morte.

É non me quero escudar nel como idea. Teño medo de morrer na mais completa escuridade. Certamente, teño medo, de cando chegue ese momento é se haxa apagado as luces dos meus ollo, é o farol da miña alma desapareza de este mundo envolto nas mais tenebrosas tebras.

Teño medo, do silencio da morte, o meu último verdugo. Porque desexaría ter o calor das túas mans tocándome a humidade das miñas bágoas, bañándoo, é rompendo o chanto é o silencio da morte.

Ti e mais eu, estamos convencidos de que despois de esta vida, posiblemente, noutro rueiro, non sei onde, este o meu destino para cumprila a última misión do Planeta Terra,

Ti mais eu, faláramos de cómo nos sentiríamos atraídos polas xentes, incluso, faláramos de proxectos para ir este verán do 2.014 polas ribeiras do Condado de Salvaterra do Miño – Paradanta, e tomar contacto coas nosas xentes. É posible que cando se sente esta atracción polo noso pobo é as nosas xentes, pensamos nel; de ai, o inconsciente polo que nos sentimos atraídos.

De todas formas, estou seguro que despois de traspasar xa, os 82 anos, so me queda esperar o escuro túnel que separa esta vida da outra cando chegue, é posible que “alá”, no universo confundamos a túa luz coas das estrelas.

Eu necesito de ti, que me digas que sucederá tal como pensábamos de aquel letargo, é que a morte non supuña mais que un sopro divino que esperta como meniño que dorme con nos; que espertou o meniño universal, o que ama tódalas cousas. Aquel que adquirirá esa grande comprensión da dor, e da plenitude da vida.

Aquí embaixo queda o corpo na tumba co seu “eu” persoal. Esta é a miña reflexión de hoxe.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion