Vigo Street of London

Vigo Street of LondonFai uns días pasei pola rúa Londres de Vigo é lembreime do Vigo Street, que tanta repercusión tivo no seu día.

¿Que é Vigo Street de Londres? Pois un pequeno rueiro que parte da Regents Street, de Westminster de Londres. É que ¿pasa no Vigo Street? Pois que nesta rúa incorporaron os nomes de Vigo en: Un café, o Vigo´s Café, O Vigo Carpets Gallery, é o Vigo Gallery que nos levan polo mundo adiante na capital británica.

A curiosidade levoume a saber porque Vigo Street, fora bautizada para lembrar a batalla de Rande. E do xúbilo con que fora recibida en Londres a escuadra comandada por Sir George Rook. O parecer, cando chegaron os tres galeóns a Inglaterra empezaron a transportalo botín a Torre de Londres – Millón é medio de libras esterlinas. Isto eclipsou o regreso en 1.850 da Golden Hind de Francis Drake, regresando atestado de ouro da volta o mundo da piratería.

O The Vigo Inn, é unha taberna británica que presume de ter a súa orixe na batalla de Rande, situada en Kent. Esta “The Vigo Inn”, segundo me informei fora do almirante Sir George Rook, quen lle dera fama. Esta lle vira da famosa batalla contra a flota hispano francesa na Ría de Vigo.

Non fai moito souben que os propietarios de O The Vigo Inn, o seu regreso a Inglaterra, o Sir Rook cederalle este a un dos mariños polos servizos prestados na batalla. Isto é, o menos o que eu sei, da información recibida, porque a verdade é que alá non estiven nunca.

Rebautizada en 1.703 co nome de O The Vigo Inn, segue con vida polo momento. Contábame un amigo que neste The Vigo, Inn, degustábase ata cinco clases de cervexas amén de outras cousas cuxa curiosidade levaba a visitala en Gravensend Road de Kent.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion