A albariña raíña do pai Miño

uva vino albariño baco

uva vino albariñoRaíña a ámbalas dúas ribeiras do Miño coa cepa máxica que enriquece estas nosas terras, tocadas pola deusa fortuna: O albariño.

De ser xustos direi que non é só no Condado de Salvaterra do Miño é Paradanta, non; tamén hai outras terras que cultivan con esmero a nosa deusa. A nosa uva albariña, que pola parroquia de Santiago de Tortoreos, hoxe está a crecer como espello xuto o pai Miño.

Cantas veces contemplei dende o Ravelo, os acios é escoitar a filosofía do viño de autor, en cada unha das bodegas que entón había en cada unha dos rueiros dos Ravelo. Terras da marquesa da Merced, onde en tempos afastados, Pepita Cambra Muñoz, fora administradora do pazo. É Manuel Cambra e Rivas, abade da parroquia. Hoxe nada teño que dicir a non ser de este viño honesto que leva polo mundo adiante o estandarte da elegancia como maneira de expresión.

É debo dicilo, é o digo, que dende a súa cor pálida con tons verdugos, brillantes e limpos ¡Como debe ser! Ven acompañado de tons florais con unha acidez refrescante é agradable que o final deixa un apreciado sabor agro – doce, que o fai suxírente.

A través dos meus comentarios, comprobaredes que non me canso de falar da historia dos nosos viños, primeiro, porque me gusta catalos cal quer día o anoitecer nunha adega calquera do noso Condado – Paradanta; segundo, porque este viños teñen historia é correron parellos a aventura romana, que xa é dicir. Por último, porque xa no medievo este viño era garantía sanitaria, na época das pestes, que non eran poucas. Posiblemente, o familiar Francisco Clemente Cambra e Rivas, profesor de cirurxiá, coa súa familia de Leirado, falaba do néctar dos deuses, cabalgando por estas terras atendendo os enfermos, é soprando, mellor que catando, unha taciña de viño, fora branco ou tinto, para andar mellor o camiño, ata chegar o eido de O Casco, en Fornelos da Ribeira, acompañado do seu cabalo que coñecía os rueiros, tanto de noite como de día.

Louis Pasteur, médico francés, tamén foi un, dos que definiría o viño, como o mais san é hixiénico das bebidas. Certamente é así, pero con moderación. Como fago eu, unha ou dúas taciñas nas comidas, é nada mais.

Como amante dos viños da nosa terra, quero agradecer as xentes todas, homes é mulleres do Condado – Paradanta, que con todo mimo atenden os viñedos. Son testemuña de elo.

Dou grazas, tamén os deuses, polas óptimas propiedades dixestivas, a súa frescura, etc., sempre concibida como unha bebida apta para os mais exquisitos padais. ¡Que así sexa!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion