San Nicolás de los Arroyos

Basilica de  San Nicolás de los Arroyos Hoxe, reencontreime con unha estampiña de San Nicolás de Bari, é viume a memoria a Dioceses de San Nicolás de los Arroyos; unha localidade arxentina de mais de 500.000 habitantes detido a ler a historia non tanto do Santo, senón destas terras paseadas polo meu parente José María Cambra e Rivas, párroco de El Azul, quen en 1.879 asume a parroquia durante un ano, despois de 18 anos da conclusión do templo dedicado a este Santo.

Parece ser que grazas a decisión do meu parente, cura párroco, coa súa entrega é intelixencia soubo manter viva a unidade cristián neses paraxes do primeiro salto do río dos arrecifes.

Non vou a resaltar aquí a boa idea de María de Biassi de Santarelli, en doar os terreos para levantala igrexa da Nosa Señora do Rosario, nin tampouco do saqueo de San Nicolás o 9 de outubro de 1.812, cuxos datos chegáronme de G. Santiago Chervo na súa Crónica de San Nicolás en 1.810.

Nestes tempos a poboación era mais ou menos de 4.500 habitantes é unha economía baseada na agricultura é gandeira, favorecida polo porto natural, onde comercializaban aceites de poldro, para o alumeado das rúas, para os moer nos muíños, para os salgadoiros é outros artigos alimentarios.

Daquel San Nicolás, o proxecto rexionalizaría a provincia no ano 2.004. O Censo do 2.010 San Nicolás tiña 147.857 habitantes, sendo a 5ª cidade da provincia de Bos Aires, lonxe do Grande Bos Aires.

Lembrando o meu parente José María Cambra e Rivas é a súa andaina por esas terras, está a declaración de cidade, a consagración da igrexa de San Nicolás, como patrón. Asistiu a creación da municipalidade é como non, o cultivo do pexego é das videiras, sen deixar a tras o mantemento das chamadas Facendas que eran os que dunha, ou outra maneira, contribuían as actividades
cívico – relixiosas.

Quede claro que é de ben nacidos ser agradecidos. É San Nicolás, para ben ou para mal, ten un profundo carácter relixioso que atrae a milleiros de fieis nas festividades patronais. Queda dito.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion