Todos xuntos a ¡Polo éxito! (I)

museo pedagoxico de galicia educaciónEsta é unha estratexia integrada da educación e a cooperación, coñecida polo Caso Quebec.

XUNTOS A POLO ÉXITO é un método de iniciación a Cooperación, dirixido os docentes e alumnos dos últimos anos da educación primaria, e do primeiro ciclo da secundaria, que teñen por obxectivos, permitir os alumnos experimentar os valores da cooperación, democracia, axuda mutua, solidariedade, equidade e igualdade, sa través da acción, desenrolando habilidades para o traballo cooperativo, toma de decisións en forma democrática, é realizar un proxecto de aula en forma cooperativa.

XUNTOS A POLO ÉXITO, propón un ha serie de actividades cooperativas reunidas no maletín pedagóxico que comprende dous módulos e unha caixa de ferramenta.

O primeiro módulo, vai dirixido os docentes é alumnos da última etapa da educación primaria é consiste nun adestramento nos valores da cooperación a través do traballo en grupo nas aulas, adoptando un enfoque pedagóxico, utilizando os valores cooperativos, para permitir a delegación da autoridade do docente a pequenos grupos autoxestionarios de alumnos, é favorecer os aprendizaxes, mediante a realización de tarefas complexas; é dicir: Tarefas que non poden ser feitas en forma individual.

O método xurdiu dun conxunto de dez actividades, que permiten os alumnos experimentar valores da cooperación, é desenrolar habilidades requiridas no traballo de grupo cooperativo.

O aprendizaxe cooperativo, permite modificar as estruturas tradicionais da aula, para permitir a interacción verbal entre alumnos, a resolver conflitos polos pares, é a discusión que permite o conflito cognitivo susceptible de levar a maiores análises, comparacións, contraste de ideas, argumentacións e adquisicións de competencias de alto nivel.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion