De cando chega o momento da morte

Tumbas cemiterio morteO que pasou tempos atrás coa morte é a esperanza da salvación.

Analizando os anos atrás da chegada da morte, eu de momento vivo da regalía de Deus, as nosas xentes de Fornelos da Ribeira, penso que noutros lares tamén, sentían a necesidade de abandonar este mundo en paz, coa esperanza da salvación.

A igrexa controlou é regulou, sobre todo nas aldeas, ese momento establecido entre as condicións para lograla salvación e a realización do testamento, no cal debía incluírse, como realizalo enterro, é, a encomenda de misas para logralo perdón de Deus, e o eterno descanso do defuntiño.

Logo de encontrar algúns exemplos, aí vai, algúns da miña terra de Fornelos da Ribeira no ano 1.601. Di: Seiban cantos esta carta leren, como eu María. . . muller libre, veciña do lugar de . . . estando enferma de corpo, e en libre xuízo e entendemento natural, segundo Deus Noso Señor. . . é temendo a morte e desexando pola miña ánima en carreira de Salvación, crendo como creo fielmente no Misterio da Santísima Trinidade, é de todo aquel que unha o fel cristián debe ter e crer, OTORGO e coñezo que fago o meu testamento e postremeira vontade e o mando. . . en el cantidade na forma e orde seguinte:

    – Primeiramente, encomendo a miña ánima a Deus Noso Señor, que a redime pola súa preciosa sangue e meu corpo a terra de onde fun nado e formado. . .

    – Mando que cando a vontade de Deus Noso Señor sexa servido de me levar desta presente vida, meu corpo sexa sepultado no cemiterio parroquial deste lugar, e no lugar mais desocupado. É no día do meu enterramento. . . encontrándose presentes o crego parroquial, se diga misa cantada. . . de oficio de réquiem de corpo presente. . . e pola esmola e asistencia do enterrador se lle de doce reais e mer sexa feito un “novenario” segundo a costume e o cura se lle pague as costas que lle pertence.

    – Mando que dos meus bens se saquen doce ducados por el contrario dos cales se atenda o gasto referido enterramento e novenario, é o demais restante se diga en misas e descanso da miña conciencia. . . é que se digan e merquen doce misas polas ánimas de meu pai e nai, para cada un deles, seis é outras dúas, polas ánimas do purgatorio . . .

    – Ademais do dito, pido e suplico sexa eu recibida pola irma da confraría para o meu corpo, o enterramento, con elas sexa honrado e alumeado a miña ánima, participe e goce das misas e sacrificios, como tal.

    – Que a igrexa se lle de a esmola de 6 marabedís. . . é ademais, que se digan as seguintes misas: Unha o Anxo da Garda, outra o Arcanxo San Miguel, unha misa polas Ánimas na capela. . . Trinta e tres misas a San Xoán; que se digan pola miña ánima. Dúas pola ánima de meus pais, dúas polas ánimas do purgatorio é cinco misas pola descarga da miña conciencia.

Aquí vemos como a igrexa exercía a súa labor de controlar e vixiar as xentes de boa fe, as cales obrigaba a ter un sentimento relixioso, ademais das capelas, ermidas, peto de ánimas e outras, na que no século XVIII existían por toda Galicia É non digamos no Condado de Salvaterra do Miño- Paradanta. Algunhas testemuñas quedan de tan grande aventura relixiosa.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion