Ataúdes para o século XXI

ataúdes

ataúdes¡Así son as cousas! E moito mais veredes neste século, si é que vivides.

Polo de pronto empezo dicindo que buscando en Google, tempos atrás encontreime coa noticia: Ataúdes para o Século XXI, tal como os lo conto. A noticia parte na Suecia de Estocolmo, onde encontro a venda ataúdes que permiten gozar os defuntiños duns sistemas de música con algunhas pixotadas (derivada de pijotadas), mais ou menos complementarias.

Non vexas como o excéntrico ataúde, ten fabricantes, por exemplo, na Grande Bretaña ou con tapas douradas coa imaxe dun buzón de Correos, bandeira británica, é non sei cantas cousas mais, para terminar coa bandeira escocesa, como debe ser.

Tamén, dito sexa de paso, que nalgunha outra parte do planeta, como en Ghana, a esta extravagancia lle poñen forma de peixe, barco, guitarra ou botella de cervexa para honrar o pobre defuntiño, é así conseguir ante Deus a bendición que non lograron obter na terra.

Disque na empresa de Estocolmo, o parecer se trata, non dunha fábrica de ataúdes, senón, dunha empresa de son, que aquelas xentes que decidan mercalo, poden facelo coa música que mais lle guste en vida, é despois de morto escoitala, camiño da Eternidade.

Quede claro que non se trata de unha broma de mal gusto, non, aínda que o pareza. Isto é, amigos meus, a Evolución do Século XXI, no principio, que saibamos, que xa alcanzou notoriedade no internet, que é, polo momento o que interesa. Mais tarde xa veremos.

Amigos meus: Xa sabedes, si tendes vontade de mercar un ataúde deste xeito, podedes facelo, incluso con refrixeración por si se quenta. Ademais da seguridade, é completamente insonorizado para non molestar os veciños do cemiterio, que bastante desgraza teñen pasalo escoitando música en vida, como digo ratoeira, que escapa dos auriculares, como para despois de morto seguir soportando ese inferno cos veciños do camposanto.

Eu, amigos, nin quero a medida do ataúde, nin a música favorita é menos aínda o arte luxo que que citan; eu despois de morto ireime sen mais. Este é, o menos o meu desexo. Amén.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion