O día internacional da muller: 8 de marzo

8 marzo dia internacional de la mujerDende a súa orixe en Dinamarca ata hoxe ano 2.015

A historia das mulleres, dende a antigüidade está segada por “quen a conta”. Xa na antiga Grecia,
encontramos referentes literarios da loita da muller. Polo tanto, xa non é de hoxe. Lisistrata, fai unha folga sexual contra os homes e así foi sucedendo ata a Revolución Francesa da Muller, que de unha maneira colectiva concienciouse da súa situación social.

A reivindicación da igualdade nos seus inicios foron no século XIX co movemento obreiro. É supuxo unha posición de igualdade coas súas reivindicacións. Despois da metade do século XIX,
o movemento toma forza, loita polo sufraxio feminino, pola igualdade, denuncia a opresión social familiar e laboral.

A orixe da familia, propiedade privada e o Estado, rexurde do movemento anarquista, a procreación consciente do proletariado, a separación entre sexualidade e reprodución, a defensa da maternidade libre, a liberación, a liberdade sexual, e a planificación familiar, así como os coidados dos meniños e o uso dos anticonceptivos, chegaron os nosos días.

Hai que chegar o 28 de Febreiro do 1.910 en “Copenhague”, para demandar o sufraxio universal para todas as mulleres. Consecuencia del, foi o DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, 19 do Marzal en Alemaña, Austria, Dinamarca, e Suíza, que exixiron para a muller o “ dereito o traballo” é afirmaron a formación profesional e denunciaron a discriminación laboral.

1.913 – Promoción da “paz” en Rusia.
1.914 – En Alemaña e resto de Europa.
1.917 – Dia Internacional, na Unión Soviética.
1.922/1.975 – Institucionalización do Dia da Muller.

A partir do 2.011 coa igualdade de acceso a educación, capacitación. No 2.012 coa habilitación da muller campesiña, fame e pobreza; é no 2.013 coa promesa de pasar a acción para acabar coa violencia contra as mulleres, que desgraciadamente seguimos vivindo tristemente, a pesares da existencia da “Entidade da ONU” para a igualdade de xénero é o Empoderamento da Muller. coñecida como “ONU mulleres”; organización das Nacións Unidas, a fin de conseguir que tanto o home como a muller son iguais en todo é complementarios un do outro.

Non quero deixar o tema, hoxe de moita gravidade diaria, é o que todos o entendamos. É os que non, que razoen un pouco antes de cometer eses actos.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion