Amigos: tal como somos

salvaterra do miñoÉ así somos os fillos do Condado de Salvaterra do Miño é a Paradanta. Nin mais, nin menos.

Este é o noso lema: “Querer sendo o que somos”, que deberíamos gravar en cada un dos nosos eidos, é tamén na mente das nosas xentes. Porque, como digo eu, este sentimento presente na nosa vida, é tal vez, o mais forte; é ademais, a demostración da nosa identidade a través dos tempos polo que pasou a Nosa Terra.

“Tal como somos”, no é mais que un estado mental, é unha afirmación próxima a verdade; é precisamente na mente e no corazón onde se fundamenta o noso carácter do ser, como somos.

De cal quer xeito, este sentimento de apego o “propio”, non é un obstáculo para que os fillos de esta nobre terra, abra as xanelas, como din os portugueses, o intercambio de todo tipo cultural, social, turístico é económico, evitándolle os xoves a busca de traballos fora do seus eidos.

Non sei si temos en conta, a nosa natural é profunda situación turística, a presenza de xentes viaxeiras doutros países ou non. De todos modos as costumes teñen función polivalente, é os visitantes sentiranse como no propio fogar, fora do seu fogar.

Eu os invito a todos, os de dentro e os da fora en vir a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño
a gozar do pai Miño, do Tea, das festas, da gastronomía, é sobre todo, das Adegas espalladas polos rueiros do Condado do Tea, é incluso visitalos museos do viño.

Os invito de cal quer xeito, a contemplalas ribeiras dos viñedos que son unha mostra das longas é ordenadas fileiras de cepas madurando os seus acios. Sabedes como chegar, sabedes que mercar, sabedes que comer, é tamén sabedes o que non debedes de deixar de ver.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion