Escenario: Fornelos Da Ribeira

fornelos da ribeira igrexaHai escenas que so teñen cabida no escenario, para que foron ideadas.

Hai escenas que sen que haxan sido concibidas por ningún guionista, soamente suceden en determinados ámbitos. Fornelos da Ribeira, miña Terra Nai, é un deses eidos onde so se debería ocorrer feitos transcendentes, onde o tempo se retarda para que as breves historias adquiran a suficiente relevancia, para ser contadas.

A memoria polos feitos culturais que en Fornelos se celebran dun xeito normal é, por outra banda, como en familia. ¡Como debe ser!

Fornelos da Ribeira, podería resumir en vinte segundos, as vidas das nosas xentes, alma mater deste grande eido que é a parroquia, é, dende logo, á tranquilidade que en ela se encontra. En Fornelos veñen describindo, ano tras ano, nos centros recreativos e na asociación veciñal, as mellores etapas culturais de tódolos tempos.

¡Que realidade tan clara teñen coa cultura! É como se senten colmados vivindo nela.

Nesta nosa terra, te oxixenas tan a fondo que non podes acumular veleno algún. Eu, amigos, séntome fascinado pola luz azul celeste, como poucas e claras como ningunha. Poucas parroquias renunciaran a ela, o obxectivar a cor, mais alá.

Fornelos da Ribeira ocupa unha posición entre Ponteareas e Salvaterra, no que levando un barullo babilónico no estómago tes que facer parada en Moreira, con un bo bacallau asado e viño da terra.
A min so me queda, as lembranzas de meniño, observando como tantos parentes meus embarcaron dende o porto de Vigo, cara a hispano América. Hoxe , Agosto do 2.014, a agulla do reloxo desprázase a saltiños o carón do Mais Alá, mentres vou sentindo a respiración co pensamento, sempre, na ilusión de que algún día, alguén me levará para despois fuxir é fuxir na noite, camiño das estreliñas. Esperamos que a si sexa.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion