Cando o paraugas gotea

paraugas lluvia choiva¡É como gotea! Non te o imaxinas.

Antón Zamora era o que tiña o paraugas na arxentina é xa daquela o paraugas goteaba, cando se reunía cos xoves escritores, como Elías Castelnnovo, Álvaro Yunke é outros constituíntes do Grupo Boedo. Eran xoves proletarios representativos de interese, é perfil popular, coherentes hoxe, con “Podemos”, coa súa formación política, é a súa calidade de vida.

Expresaban daquela, – como os de agora-, as necesidades de cambio, ante unha sociedade cargada de inxustizas sociais, desequilibrios económicos, é iniquidades, nunha realidade que eles estaban,- como os de agora-, convencidos de poder cambiar.

A contra parte, era chamada o Grupo Florida, e reuníanse na rúa Tucumán, a escasos metros de Florida. De aí o nome.

Escribían na publicación Martín Fierro, é representaban a outra parte do pais,- mais ou menos como agora-, é tiñan outro público como Jorge Luís Borges, Roberto Ledesma, representativos da expresión, rasgos irónicos que lles outorga cabida de determinadas xentes, incorporando novas tendencias europeas o “asunto”.

Daquelas expresións recalcaron en Boedo, é non era casualidade histórica, se non, – como agora-,
o campo propicio para compartir eidos de espazos de encontro. Ademais, dado o carácter do rueiro residencial, tranquilo, a súa efervescencia cultural, orixinaba, polo nutrido grupo de intelectuais, baixo o nome de Boedo, o tan suxestivo tango e a vida deportiva completando a riqueza cultural regada de imaxes porteñas.

Co decorrer do tempo, Boedo foise transformando. As novas correntes políticas definíndose, por anarquistas unhas, socialistas outras, o carón do tango como novo mensaxe social. ¿En que terminaremos nos? ¿Coa marcha real ou con unha ribeirana? ¡Vai ti a saber!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion