O barón da sardiña caneada

barónQuizais algún pense que O Barón da Sardiña Caneada, non é de Fornelos da Ribeira; posiblemente, o pense, pero é certo que é nado no rueiro do Casco, una mañanciña de xeada do día 17 de Xaneiro de 1.932. Mais ou menos o mediodía. Nado pois.na nobre terra de carballos, castaños, xestas e toxos daquela época.

O titulo de O Barón da Sardiña Caneada, lle ven imposta por ser descendente de Antenor III,
fillo de Marcomiro, casado ca “Cambra”, filla de Belino, rei da Bretaña. Entón eran chamados os Sicambros, pero o chegar o príncipe Filipe, casado con Xoana, herdeira de Castela pola morte dos irmás homes, filla dos Reis Católicos, os descendentes se espallaron ata nós.

É debo dicir e digo que, este noso parentesco, de moi alto rango, deu leis de ben vivir é doutrinas, para terminar dicindo ser “Cambra, falando na súa lingua, é non sicambro é, que de alí lle viñera a nobreza”.

(Por si algunha persoa dúbida, dígolle se achegue a “Historia da Vida é Feitos do Emperador Carlos V, no que aparece canto digo).

“O Barón da Sardiña Caneada”, procede do 515 netos de Cambra, non de viño, por obra e graza da Real Cédula, expedida en “Pedra Furada”, en Soutolobre é Corzáns, en tempos do Inquisidor Barbeito, do rei Carlos V, de Alemaña, que descende, é recibe o titulo de “Barón”, por ser varón, (Barón para os alemáns), “da Sardiña”, por tradición histórica das peixeiras.(Rota Ponteareas, Soutolobre é Corzas). É “caneada”, polos canelos que tiñan para asalas sardiñas nos eidos, aínda que tamén cocidas con aceite e vinagre, se comían ben.

En fin: “Que si o seu tío avó Rogelio Estévez Cambra, foi nomeado “El Hidálgo de Casco”, pola moi Reverendísima, Católica, Apostólica e Romana resolución, en Pedra Furada de Soutolobre, é Corzáns, na que se verificaron probas de nobreza. e. na Rl. Chancelaría de Valladolid, onde saíu o proverbio: “SOMOS GALEGOS E NON NOS ENTENDEMOS”. (Armas e Triunfos de P. Felipe de la Gándara, por si algún ten dubidas). “O Barón da Sardiña Caneada”, correspondeulle a un dos seus sobriños netos. Neste caso, a min, republicano ata a morte, por si non o sabedes.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion