Viño e poesía

museo vid vino condado salvaterra poesiaAs xentes, as pasaxes, as cousas que suceden no curruncho do Condado de Salvaterra do Miño – Paradanta, adquire, sen dubida algunha, unha intimidade vinculada o “viño é a poesía”, dende tempos primitivos é cuxo froito elaboraron o bíblico viño que foi é, e será o ingreso económico. . .

Que fermoso é a vida do campo
Fermoso o campesiño,
Gústame ir a taberna
E beber media de viño.

Que está sempre relacionado o viño e a poesía está claro:

Miña nai foi “adega”,
Meu pai, ”Bocoilete”,
Eu, enxendrado de home,
É, nado dunha muller.

En canto as actividades relixiosas no nosos eidos do Condado, tamén está representada:

¡Oh, pai divino!
Éncheme a barriga de viño
É, si non é suficiente,
Dáme tamén augardente.

É por si non fora pouco, tamén os había queixosos:

Auga non falta no mar,
Tampouco falta na taberna
Que a cunca co viño
Sexa augado onde queira. . .

Hoxe, os catadores de viño, teñen establecido un código moral polo que se rexen na vida:

O primeiro amar a Deus,
O segundo, o viño,
O terceiro buscar muller
É o catro, durmir con ela a modiño.

Viño é poesía, sempre unidos. Viño para bebelo é poesía para lembralo. No “Rincón Poético Loyola”, en “Mi poesía para el mundo”, se recolle, Viño, coplas ,frases é refráns destes aconteceres:

Quen non ama o viño,
As mulleres é o canto,
Será un imbécil . . .
Para o resto da súa vida.
Martin Lutero, 1.483/1.546.

Xosé Fuentes Mares (1.919/1.986) dicía do viño: “Ser a bebida habitual dos pobos con señorío que non se senten superiores, pero que si o son”.

Xosé Ortega e Gasset (1.883/1.955), dixo: “O viño da brillante as campiñas, exalta os corazóns, acenden as pupilas é ensina os pes a danzar”.

Vella madeira para arder,
Vello viño para beber,
Vellos amigos en quen confiar
É vellos autores para ler”.
Francis Bacon, 1.361/1.626.

Ademais:

“Si os amantes do viño e do amor van o inferno ¿Como estará o paraíso? Baleiro.

“Vivamos para beber, porque para beber vivimos” Cervantes, 1.547/1.616.

“Viño ensíname o arte de ver a miña propia historia, como si esta fora cinza na memoria”. Jorge Luís Borges, 1.899/1.986.

É, atención amigos: Festa sen viño, no val un comino . . .

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion