MIRA

MIRA www.misionesrurales.org.arDende 1.938 son un acompañamento familiar rural arxentino, que ven nos viña a nos, neste empobrecido Condado de Salvaterra – Paradanta.

MIRA, é pois, unha asociación civil sen ánimo de lucro, fundada en 1.938 polo pai Matías Crespi, S.J. con inspiración misioneira.

MIRA, acompaña é fortalece a tarefa do docente rural, ofrecendo Plans de Formación Docente, como: Cursos zonais é rexionais de Formación Docentes en Bos Aires. É xa que din con el, hónrome en felicitalos e divulgalos, porque hai noticias que lle enchen a un, de alegría, poder ler a través da internet, da inauguración da Casa Estudantil Feminina de Cea, no Val da Chobita, no Chubut, a cal, permite que 24 meniñas dos paraxes rurais chubutenses, poidan continuar seus estudos en forma totalmente gratuíta. resultado dunha alianza entre Cruzada Patagónica é Misións Rurais, que deu o terreo para concretalo proxecto.

A elegancia está nas nosas mans, é un proxecto realizado na rede, dirixido as nais. O obxectivo xeral é a mellora da calidade de vida das nais dos alumnos. Pretende, colaborar na economía coas vendas de produtos; integrar as mulleres da zona rural, destacando as habilidades nas manualidades, socializalas, en grupos de traballo é incentivar o cambio de imaxe, que moi ben poderíase aplicar as xentes da miña parroquia natal, Fornelos da Ribeira, entre outras actividades que xa desenrola felizmente a asociación de veciños San Xoán, A Carballeira é algunha mais cuxa labor lles honra, en traballar a favor dos demais.

Outro proxecto é bollitos para mi barrio, cuxo obxecto é capacitar as nais de alumnos, no caso de Fornelos seria a xente da parroquia enteira, capacitarse na preparación de alimentos, por exemplo, coa fariña, é introducir a conciencia ecolóxica con un taller de panadería, que xa houbo, construído con gomas de camión, na que poderían producir ademais do pan, pizzas, tortas é outros produtos a base de fariña é celebralo unha vez o ano, no centro neurálxico de As Fraguiñas, que tería moi boa acollida.

Síntome unido a Mira, pola súa labor, polo cumprimento dunha esperanza solidaria, pola colaboración educativa que é a obra mais grande: O ensino.

Din que as mellores historias son as que escribimos xuntos. É esta é, unha delas.

Web MIRA: www.misionesrurales.org.ar

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion