Poema

fornelos da ribeira igrexa poemaEstudo para un poema da Igrexa De San Xoán De Fornelos Da Ribeira.

Nos terreos da casa forte
Dos Álvarez Soutomaior.
Amurallada, recollida
No ar, en tempo vivo
En As Fraguiñas, perdida,
Amurallada en alto grado,
Exposta os catro ventos,
Coa cor morada da igrexa,
Co ar recollido a xeito
No tempo vivo do inverno.

Igrexa de San Xoán
En As Fraguiñas durmida,
Co ar inquieto,
En tempo lento,
¡Igrexa o descuberto!
Igrexa da miña parroquia,
Terra dos meus vellos,
Dourada, envolta
Nunha realidade aposta,
Duns e outros rueiros,
Sublime terra da Concordia,
Dos progresistas a eito,
Pobo sempre namorado
Cos sonos nas noites claras
Para saír do inferno.

¡Esta é a miña igrexa,
Do San Xoán de Fornelos!
Iglesia de San Juan de Fornelos poema

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion