O fito fundamental no tempo do meu tío avó

Rogelio Estévez Cambra

Rogelio EstevezCa mbra
Polos anos de 1.896 en Bahía Blanca (Arxentina), era o fito fundamental da época. A evidencia nace da dobre función da imaxe formualda por un tal Furetiere, naquel Bos Aires do século XVIII, na cal aparecían as caricaturas relixiosas publicadas no Juvenal é os conflitos que xeraba o proceso modernista, como Bahía Blanca a finais do XIX, no que foi partícipe o meu tío avó Rogelio Estévez Cambra…

Basta simplemente ler os medios de comunicación da época, con – pechuga y sin vergüenza -, pola aplicación de leis laicas na educación, no rexistro dos matrimonios civís, que erosionaban o nivel local coa chegada dos salesianos a Bahía Blanca.

Hoxe, faime graza que en 1.891 xa era cuestionada a educación. É de onde saían- os imbéciles é almas raquíticas –é por outra banda se ía contra o Círculo Católico dos Obreiros a quen atacaban.

Tiven a sorte de encontrarme coa publicación de La Prensa, é na redacción o meu tío avó Rogelio Estévez Cambra, quen, ademais, de escriban é funcionario público, con o compañeiro Luís Bárbara, o parecer, excedíanse na defensa dos temas relixiosos. É ¡claro! Os opositores do órgano da sancristía que os acusaban de utilizar o linguaxe non acorde cos representantes da relixión é da paz, é da mansedume empregada no xornal para soster as ideas relixiosas, nada menos que, como un instrumento de vinganza persoal.

Francamente quedeime sorprendido é admirado dos arranques en santa indignación, dos mansos cordeiros, dos predicadores da moral é cultura- é por riba, entre eles, o meu tío avó Rogelio Estévez Cambra, nas columnas de La Prensa, dicindo que lles houberan dado unha palleira os redactores do diario.

Meditando toda esta historia, comprometida na nosa terra coa mesma historia político relixiosa, se falaba, entón, dos falsos profetas, do mundo dos pobres, é como as xentes da sotana, se quentaban en indignación cando se trataba de facerlles fronte.

Eu, amigos, digo hoxe ¡é xa fai anos! que non era tan santa pola ocultación da hipocrisía que con levaba, refinada, que saturiza o espírito dos dominadores do progreso é das institucións. Isto por unha banda é pola outra os profanadores da igrexa católica que sempre son os mesmos.

A conclusión que saquei foi a trama da que a relixión se entrelaza coa política, co social é coa economía que chega ata os nosos días como vedes. Pregunto: ¿Sería difícil que a igrexa seguira o camiño espiritual simplemente, é deixara gobernar as demais forzas políticas os bens materiais da terra?

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion