Cucos, corvos e mouchos

mouchosTempos no que esixen inflexibilidades para os corruptos pedindo ser levados ante a xustiza. Levo certo tempo, meditando o mesmo tempo que veño expondo as miñas xentes que a diario me len, a curiosidade deste camiños ou vieiros, como o fai o cuco, o corvo e os mouchos, en días de festa é mercados. ¡Xa me entendedes!

¿Que é o que se vende? ¿Que é o que queredes mercar? Mercar o que se di mercar, pouco ou nada. Iso si, navallas para pelar as patacas. Cada día, as páxinas dos xornais, radios é televisións nos veñen sinalando os recortes o mesmo tempo que se pide inflexibilidade para os corruptos ante a xustiza; corrupción amenizada polos enredos políticos patéticos uns é outros. Dun é outro bando.

Pregunto: ¿Non chegará, aínda que sexa tarde, un pouco de serenidade é cordura? É sobre todo, ¿Que podemos facer nos, pobres de espírito para acabar con tanta merda? O outro día explicaba moi ben, o amigo Miguel Angel Revilla, de como funciona o “basureiro da merda” coas súas capas para que o final de, os políticos brotes verdes. É tamén, como se vai repartindo a merda de basureiro en basureiro, segundo se van enchendo.

Pero eu pregunto o pobo de Deus: ¿Onde están os outros remedios? Nos libros que a diario se publican, aparecen moitos destes paxaros que en política vamos coñecendo día a día, grazas a algúns medios de comunicación. ¡Que cantidade de paxaros, Deus meu? É a historia os vai dando a coñecer periodicamente.

Infinita paciencia para traballar na sociedade, silencio infinito para escoitar os cucos, os corvos e o mouchos, é describilos os hábitos de cal queira deles, que na prensa, radio é televisión cantan. . . É ¡como cantan os condenados!

¿A onde vamos os que non formamos parte deste disparatado exemplo surrealista? Amigos, estou pechando a maleta mouchoneira, pensando desalentado si non me sería mellor facerme titiriteiro. O menos aproveitaría a maleta para facer as grazas desde tremendo é triste acontecer.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion