A verdade nos fai libres

verdadO meu pais xa encontrou persoas con profundas conviccións políticas é sociais, senón preguntade. Non somos activistas contra a igualdade nin contra da democracia; somos xentes con emocións é con melancolía. Somos xentes maiores, so visibles nas brancas liñas onduladas dos anos de vida, aloxados da auto compracencia que soe acompañar as xentes con sorna.

Somos xentes que en moitas ocasións o relixioso non foi mais cunha cortina de fume escondida detrás da ansia de poder. De pequeno, no recuncho da miña aldea de Fornelos da Ribeira en Salvaterra do Miño, me inculcaron de que a verdade me faría libre, que non había que mentir aínda que había algunhas cousas que non me deixaran preguntar. Así de claro. Era totalmente certo o peso da mentira que nos aloxaba de que somos a realidade, é non era nada san mentir.

Eu pensaba entón, que necesitaba pertencer a igrexa, rezalo rosario para vivir no mundo, é os demais farían o mesmo que eu; pertencer ou non a igrexa era algo persoal. É fixen fincapé noutros valores respecto o próximo, non deixarse arrastrar polas mesquindades, polos valores universais, moito mais importantes que as “etiquetas”.

Hoxe síntome avergoñado por perder a esperanza, sen forza para loitar a favor do Ben Común. A diario, vindo o telexornal me saen as bágoas. Vexo as xentes as que os políticos lle piden que aperten os cintos, cando xa non teñen nin para pan, mentres que os que crearon o desastre global, seguen sendo moito mais ricos, moito mais que antes.

Leváronnos como cordeeiriños a unha especie de precipicio empeñados en que a austeridade é a resposta, cando é evidente, que hai que facelo contrario. Aquí vese a mala costume de esquecerse que o que constrúen non é deles, é de todos, porque o diñeiro é de todos.

Así que a verdade nos fará libres é que vivimos un sufrimento incrible causados a persoas que non tiveron nada que ver coa crise económica que estamos pagando todos. O bancos é caixas repartiron alegremente diñeiro embolsado, miles, millóns, sen control; unha parte do ganado cando chegou o momento de devolvelo negáronse a facelo.

Necesito amigos, antes de morrer, a ver si a verdade nos fai libres ou non. O menos que me permita escoitar, dentro do meu propio silencio, o que me ensinaron de pequeniño, porque sigo preguntándome publicamente ¿Quen é o guapo que me vai a dicir a verdade, a nosa verdade?

A verdade nos fará libres. Traizón ata o infinito. ¡Triste realidade!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion