O ravelo de Tortoreos

tortoreosUn pedazo da miña vida de rapaz; Un sinxelo adeus, para todos eles, é outro adeus a miña nai, enterrada o pe dunha roseira xa desaparecida.

Dentro da parroquia de Santiago de Tortoreos (As Neves), está enclavado o rueiro de O Ravelo, dentro da comarca é Condado de Salvaterra do Miño. Agora que non vou, xa son vello, é non teño quen me leve a velo, O Ravelo é un rico é histórico rueiro de Tortoreos con mais poboación de todos eles, situado no estrada que vai de As Neves a Ponteareas co pazo da Mercé é os colexios doados polos marqueses do mesmo nome.

Era eu un rapaz, estudante en Vigo, cando nos veráns ía o fogar da chamada tía Pepita Cambra Muñoz, administradora polos anos de 1.926 ou 1.930 do pazo, é residente no cogollo de O Ravelo.

Alí, naqueles anos mozo, coñecía a Pilar Barbeito, xa falecida da que gardo fidel testemuña; Pastora e Saturnino cos que xogara moitas veces. Os Ubeira, A malia é a chamada Chasca. Os Álvarez González, Casavieja, Acuña, Vilas, Cambra, Méndez, Novas, Rodriguiño, Pereiro, posiblemente algunha mais que xa non lembro. Unha familia que estaba por detrás do fogar de Pilar Barbeito, emigrada en Arxentina, é que xa de vello, encontreina unha tarde de verán na casa de Pilar Barbeito coa filla é familia. ¡Que tempos aqueles que non han de volver! Como di a canción.

Naqueles miserables anos faltos de todo, aínda había humor nos seraos para cantar:

Sachareiros do meu millo,
Sachádelo ben,
Non miredes para porteira
A merenda volai ven.

Tamén por anteriores tempos cantaban:

Amores amores
Teño mais de mil
Rapaciños novos
Así coma ti
Así coma ti.
Amores amores
Teño mais de mil

É por último lémbrome do:

Adeus Marina
Marina adeus,
Adeus Marina
Quédate con Dios.

É sen ser Mariña, quédome con Deus é coa lembranza de Aurelia Alonso Rodríguez, viúva de Orencio Pereira, falecida non ha moito, con 102 anos, descansando coa miña nai, xuntas no cemiterio de Santiago de Tortoreos, o pe dunha roseira que xa non está. Para todos eles o meu adeus é ata sempre adeus.

Síguenos:

3 Comentarios

    • Canto me agrada a túa misiva como bisneta de Aurelia, ela xa era unha moza, da idade da miña nai, cando eu era neno.

      De tódalas maneiras sempre me lembro das miñas andanzas no verán por esa terra da que gardo na memoria e que cando me ven a memoria a escribo, para todos vos. Graciñas, amiga Mila, por seguirme e recomendar o meu blog. Pois de cando en vez aparece algunha referencia a esa nosa terra. Un bico do avó Manuel Alfonso.

  1. Moitas gracias por contestar o meu comentario.
    Comecei lendo este blog porque falaba de Fornelos de donde son, e lendo e lendo topei con esta historia de Tortoreos na que se fala da avoa Aurelia. Unha grata sorpresa.
    Gracias a este blog estou descubrindo moitas cousas desta a miña terra.
    Un abrazo.

Dejar una contestacion