O padroado da cultura galega de México

vieiros galiciaLembrando aquela xesta heroica dos galegos de México. O Padroado da Cultura Galega de México nacera para dedicarse a fomentar cuestión culturais. Creado en 1.963 era una sociedade cuxo obxectivos era:

    • Primeiro: defendela cultura galega.
    • Segundo: Estudar os problemas culturais, sociais e económicos e as súas posibles solución.
    • Terceiro: Levar a cabo o fortalecemento dos lazos do pobo galego cos outros de España, Portugal e México.

Para alcanzar estes obxectivos, se realizarían una serie de actividades como: Unha emisión de radio que durou oito anos, e que transmitía tódolos domingos as dez da mañá con noticias e música galega. Tamén se publicarían revistas como VIEIROS, Saudade, Nova Galicia, e libro Presencia de Galicia en México.

Esta sociedade tamén daría clase de lingua e literatura galega, Xeografía e Historia de Galicia, Economía e Psicoloxía Social Galega, danza e gaita, así como festas e romarías da nos aterra.

VIEIROS, sae no verán de 1.950 con deseño de Castelao, A. Souto, Maside, E. Gascón, Rojo, Bartoli, Gironella e Ledo, baixo a dirección de Luís Soto Fernández, Carlos Velo, Delgado Gurriarrán e Elixio Rodríguez, Arturo Souto e o administrativo Xermán Raño.

Con un contido extraordinario, como:

Noite Compostelán.de Ramón Otero Pedrayo.
Poemas de Manuel Curros Enríquez.
A laboura de Avantora, de Ramón Cabanillas.
Os Fitos da Xuventude, de Carlos Velo.
Evocación, de Cuevillas.
Galicia, de Lamas Carbajal.
Galicia sen tópicos, de García Sabell.
Planeazón Agro-pecuaria, de Vázquez
Lúa, de César Teixeira de Portugal.
A doenza das dúvidas, de Soto Fernandez.
Joao Verde, de Julio Evangelista.
Diálogo, de Viqueira.
Pedimos, de Castelao.
A Poesía, de Fernández.
Grandezas e miserias, de Núñez Domínguez.
Poemas, de Celso Emilio Ferreiro.

Unha hora na paz do cemiterio, de Bouza Brei, e aínda quedan algún mais, con ideas, nomes, feitos e labouras que non só levantaron a amizade dos Centros de Caracas, da Habana, Nova York, Francia e Portugal, senón o ofrecemento para traballar sen folgas, días e noites para ben da nos a terra. Pero, amigos, non chegou a mais de tres exemplares, por mais que loitamos, eu, entre eles, buscando as axudas económicas necesarias para saír adiante, pero os momentos eran difíciles, tanto económico como político. Así que soamente quedaron tres exemplares para a eternidade. Pola miña parte congratúlome de ter tres exemplares, que levarei comigo para a eternidade.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion