Para quen ama o viño

museo vid vino viño condado salvaterra¿Canto tempo hai que non bebo unha cunca de viño da miña aldea? ¡Que sei eu! Dicía Álvaro Cunqueiro, que para quen tantas veces gustou de contemplar as viñas – do eido de Cambra digo eu – non soamente é saudoso, senón que ata luxurioso. Porque aqueles acios dourados ou escuros nas véspera da vendima era, coma se di agora, unha pasada.

Coma sempre, na adega da miña familia de Cambra, no Casco, era unha adega sacra, con un grave silencio e sosego, sobre todo cando pisaba as uvas cos meus pes.

Din que Tiberio bebera por estes eidos e os soldados con tanto viño en vez de chamarlle Claudius Tiberiur Nero, chamábanlle “Calidus Biberius Mero”. Non era para menos.

Pasaron tantos anos e hoxe, lémbrome daquel viño festeiro, daquel viño noso que se ía pola gorxa. . . ¡Canto tempo hai que non bebo aquel viño noso! ¡Aquel viño fastoso, sangue da terra! Viño humilde, de concordia. . . Só aquelas cepas de mais de cen anos, alí están polos séculos dos séculos.

Aquela adega dos Cambra, baixo a protección da capela de Santa Rosa, que ano tras ano facía os seus milagres, hoxe sería a sorpresa e ledicia do catador, xa que era un viño individual definido.

Daquelas cuncas, daquelas xerras, daquelas pipas, é porque non dicilo, daquela aventura que me facía vivir a vida con intensidade e correndo o risco de ter que beber as veces, sobre todo dun albariño. Entón a idade esquecíase.
uva viño
Pero non só era o eido de Cambra, porque en cada recuncho da parroquia cultivase en maior ou menor cantidade. I en cada eido se tiña, é aínda se ten o seu viño que ofrecer con orgullo, porque “é do que bebemos nós”, feito polas nosas mans. E polo tanto, deprécialo ou non aprecialo coma cousa boa é unha ofensa persoal. ¡Que razón teñen!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion