Os cenobios ou mosteiros do Condado

angoares ponteareas Dende a idade temporá houbera cenobios e mosteiros en Angoares e logo na Franqueira.

Entendo eu que era para cubrir a Vía da Prata, camiño de Compostela, pasando de Monçao e Salvaterra se dirixían a Ponteareas, pasando por Pesqueiras, Fornelos da Ribeira, Moreira e Angoares e Canedo onde os Templarios en 1.386 se asentaron, precisamente na primitiva Ponteareas.

Seguindo un pouco a historia, da parroquia de Arcos, San Breixo ata o século XVIII, Bugarín e incluso o mesmo San Miguel de Ponteareas. Servían para ter contacto cos peregrinos, senón co propio comercio que esta situación xeraba.

En San Pedro de Angoares estaban os Templarios; eran importantes no Val do Tea, onde recollían as rendas eclesiásticas das igrexas, é os diezmos das terras aforadas. Por suposto, vixiaban os vieiros que eran visitados polos peregrinos camiño de Compostela: Tamén os cabaleiros que viñan a recoller os excedentes.

Teño entendido que en San Salvador de Leirado figuraba un mosteiro en 1.528, así como en Crecente, bañado polo rio Miño, ligado a igrexa estaba o Castelo de Fornelos tamén Templario.

Daquela, procedentes de Portugal, entrarían por Crecente cara a Ponteareas e O Porriño. E de Monçao e Salvaterra por Ponteareas e O Porriño, para xuntarse nesta vila e coller a rota da peregrinación a Compostela.

Os Templarios foron pois os principais presentes, buscando sempre o contacto cos peregrinos e co comercio. Curiosamente, a miña aldea de Fornelos da Ribeira, simplemente serviu de paso, non quedando rastro algún da presenza dos Templarios.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion