Pedro Álvarez de Soutomaior

Pedro Álvarez de Soutomaior Cabalgando por Fornelos da Ribeira coas súas percorrerías continuas.

O Seu pai, Fernán Yáñez de Soutomaior, era señor de Soutomaior e Fornelos de Montes, e tivo unha relación amorosa con Constanza Gonzalvez de Zúñiga, emparentada coa Condesa de Santa Marta (Ribadavia), familiar de Álvaro de Zúñiga e Guzmán, grande de España.

Como fillo ilexítimo procuroulle un futuro tranquilo eclesiasticamente falando, nomeando como mestre a Esteban de Soutelo, dos dominicos de Tui para atendelo.

Tras a morte de Fernán Yáñez no 1.440, sucédelle Álvaro Páez de Soutomaior, inimigo acérrimo dos Sarmiento. En 1.468 e nomeado herdeiro dos dominios dos Soutomaior coa aprobación da súa tía maior; Pedro Álvarez e Vizconde de Tui, mariscal de Baiona e Conde de Camiña.

O alcume de Pedro Madruga lle ven das discrepancias cos Sarmiento e se di que ambos saíran o canto do galo e fora precisamente o mais cedo o que se dispuña a saír cando se encontra con Pedro Madruga. Este Pedro Madruga, nas súas percorrerías en Portugal, coñece a Pedro Sequeiros que pasou as nosas terras buscando honra e proveito.

Tamén Pedro Correa con influencia na corte de Alfonso V. O seu medio irmán Álvaro Páez, encontraría o norte cos Irmandiños de Tui.

Fornelos da Ribeira aínda que non queira foi participe das aventuras históricas, dos mitos e lendas, do século XVI, onde se sinala a Diego Soutomaior fillo de Pedro Madruga como fillo de Colón. Este, Cristóbal de Soutomaior e coñecido en Puerto Rico, como Cristóbal Colón de Soutomaior, fillo de Pedro Madruga. ¿Non sería Cristóbal Colón, nado na nos aterra? ¡Quen sabe!

Do “parricida”, xa falamos noutro espazo.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion