A encrucillada histórica

montesquieu

montesquieuDicía o barón de Montesquieu : Felices os pobos cuxos anuais son aburridos.

Digo eu que unha serie de circunstancias xustificarían e responderían a pregunta de por que sae este traballo. E digo eu que forma parte da miña terra e, é para a miña xente que vive nela. Cada carballo, cada area, cada fogar, cada recuncho escuro é claro, e a memoria, a experiencia da miña xente de Fornelos da Ribeira.

A encrucillada histórica de Fornelos é, a sabia que circula polas veas das árbores levando consigo a memoria dos pes, da miña xente. É así pasaron xeracións e viñeron outras, e Fornelos, a nosa terra, foi permanecendo e saíndo o sol que a alumeou. Porque Fornelos foi sempre un vieiro onde a natureza fixo xogo embelecéndoa.

Fornelos da Ribeira, marcada pola ribeira do Tea, formou parte do patrimonio cultural, e do espazo da natureza co estado puro. Fornelos e un pobo, unha aldea, como me gusta chamarlle, de camiños e sendeiros marcando destinos e tradicións. É onde podes saborear as esencias da vida.

Fornelos da Ribeira, é o latido do rio Tea, e tamén, a encrucillada histórica por descubrir ; é o horizonte da emoción para o espírito e o tempo. É a natureza, reflexo das súas xentes que día a día contribuíron a forxar o seu carácter e a súa cultura. É tamén, a paisaxe que resulta do pracer de camiñar polas súas rotas e sendeiros e xantar o pe da carballeira de As Fraguiñas.

Fornelos da Ribeira, é a encrucillada histórica das costumes e tradicións, seguindo ciclo das estacións do ano, nunha expresión de cultura viva, repleta de lendas e festas populares coincidindo cos solsticios e os equinoccios.

Fornelos da Ribeira, é a encrucillada histórica do tempo que se perde na memoria. Camiñar a través da historia polos numerosos recunchos é encontrar sorpresas, encrucilladas, que nos da unha idea da historia de Fornelos e dos seus persoeiros. Este si é a encrucillada do tempo.

Hoxe, só nos queda a encrucillada dos saberes que as distintas asociación veñen levando a cabo, tanto cívica como eticamente, con paz e solidariedade, nesa evolución que lles permite mellorar a participación en referencia histórica a Humanidade. É aquí onde nos encontramos.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion