Baco e boca

uva vino albariño bacoTal como o digo, está en tódalas adegas do Condado de Salvaterra a Paradanta. As veces a curiosidade alíviase coas sorpresas. E certo. Por sistema no Baco e Boca, se fisgonea nas adegas, tanto particulares de cada quen, e nas Adegas dedicadas a produción de viño para a súa comercialización. E fisgoneando, digo, a ver si sona a frauta de Bartolo, encontramos novidades que nos invita a probar das súas virtudes e defectos, que tamén os teñen. E ¡Oh fortuna! Este é o caso que nos ocupa. Lendo encontreime con algo habitual que o amigo Xosé Posadas (D.E.P.) dérame a coñecer as variedades das vides e ácidos, como as tintas de Caíño, Brancellao, Iicaelpello, Pedra, Collón de galo, Espadeiro, Tarrantés, Rei Gloria, Mencía, Garnacha, Alicante procedentes doutras terras. E entre as variedades brancas Teixadura e albariño. Cun porcentaxe inferior o Palomino e pola resistencia as enfermidades o Catalán Blanco.

Como me dicía Xosé Posadas, fai anos, son variedades de uvas demasiadas para contar, fillo pródigo, o que aportan aromas e suavizan a acidad e agresividade. Así faise no Condado e a Paradanta, dende o século XVIII, onde se cultiva e vivifica.

O grande viño albariño, rubio e aristocrático como un carolinxio, “o mosela galego”, acompaña o marisco da ría, como ningún outro é quizais, tanto en calidade como en prezo.

O albariño mozo, premiado nos beizos de quen o bebe, manda perfectamente con carnes estofadas, guisos ou carne asada acompañado de queixos, tal como cabe esperar do viño con corpo e personalidade. Cor rubio, como me dicía Xosé Posadas, con cheiro a fresco, potente e goloso coa madeira moi ben integrada e un final longo e persistente

A, albariña branca do condado do Tea, albariño branco de Sela e Monçao, doce e pequena. Brancellau, doce e saborosa do condado do Tea e Monçao. Di o refrán: O brancellau e o caiño son os país do viño. O Caíño, tinto, de Crecente, e resto do Condado, chamado pola súa potencia arrebata tinallas. O Collón de galo, tinta, da nosa zona do Condado do Tea. O Gran negro, tinto de Vilar de Crecente. Uva de tamaño pequeno moi doce e saborosas para comer. Úsase un 30 % no Condado. Mencía, tinta, uva con moito azucre, compañeira da garnacha.

Son tantas e tan variadas que falaremos delas noutra ocasión.

Falando do albariño e moi importante abrilo con 15 minutos, como mínimo, antes de bébelo para degústalo. Vale a pena. Bo proveito.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion