Lembrando as xentes de Fornelos

xente labrando

xente labrando Aquelas xentes madrugadoras e traballadoras que vivían miserablemente do pouco que lles daba o campo.

Estas nosas xentes, de Fornelos da Ribeira, produtoras agropecuarias, traballadoras de terras de distintas dimensións, e diferentes recolleitas; as da horta, as cales dedicaban moitas horas de traballo, practicamente de sol a sol, para proveerse de verduras, tomates, cebolas e patacas…

Estas outras xentes chamadas xornaleiras e xornaleiros con o seu peregrinade da espera, daquel miserable traballo de a seco ou non, coas aspiracións de acadar un xornal.

Lémbrome de cando eu era cativo, de como estas xentes saían co ánimo de converter na realidade as súas aspiracións. ¡Que tempos aqueles! E aínda me din que non falo mais que de miseria e fame.

Nesas tarefas diarias de sol a sol, entre a aixada, anciño e outras ferramentas primitivas ían xurdindo os surcos da esperanza. Unha representación do que ocorría no resto de Galicia. Suxeitos o clima, que tal vez en mais dunha oportunidade foilles adverso, pero con a súa constancia e grande amorne lograron saír adiante.

Lémbrome de meniño, como cos seus cativos, estaban sempre baixo a súa mirada protectora, en precarios e rústicos redutos, enredando coa terra; elas axudando nas sementeiras ou vendimas. Así foron día a día as batallas das e dos fornelenses, contra a adversidade do clima, unhas veces, outras coa falta de traballo, pensando sempre, coa súa compañeira, como saír cada día.

Para estas xentes da miña aldea de Fornelos da Ribeira, que loitaron con tesón ata comprender o imposible que era vivir do traballo da horta e do campo. E ata aquí, a miña humilde homenaxe de gratitude e respecto a cantos traballaron de sol a sol, para poder comer un pedazo de pan. Para todos eles, a miña gratitude e o meu respecto, repito.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion