O silencio da miña aldea

San Nomedio As NevesEsta é a verdade daquelas noites de verán na miña aldea que eu intentaba de cando cativo, traballalo para non escoitalo, ou a lo menos, para disimulalo. Era como superala paz quen me escoitaba Porque o silencio era naqueles tempos tan grande que a desesperación tiña vergoña. ¡Non os riades! Tiña cachondeo.

Dende o monte de San Nomedio polas terras de Taboexa en As Neves, tan alto para o desespero, como a vergoña, chegaba en liña recta ata o meu fogar do Casco, no Fornelos da Ribeira. Aqueles anoiteceres do mes de Agosto, os oídos se afiaban, a cabeza se inclinaba é o corpo todo, escoitaba sen ningún rumor, como se estivera nunha profunda meditación do silencio; silencio sen memoria de verbas.

Aquel silencio non durmía, era sen sono, inmóbil, sen fantasmas. Terrible, sen fantasmas. Inútil.

Querelo probar coa posibilidade daquela aposta do fogar dos Cambra por si dixera algo. . .? Hoxe todo está baleiro. E si polo menos escoitara o vento; o vento da ira que era a ira da vida, aínda vaia. Da choiva miúda dos cativiños que rin, dos corredores que resoan . . .

O silencio de hoxe, non deixa sinais, non se pode falar en silencio ¿Viches ti o silencio desta noite? É a noite descendía coas pequenas alegrías, quizais, do canso, que tanto xustifica o día. Os que éramos pequenos naqueles tempos durmíamos é nos ceo brillaban as estrelas. E tamén as pedras do chan.

Aquel silencio non era aínda silencio; esperaba que as follas das árbores se acomodaran mellor. Algún corpo descanso, elevaba o espírito atento a terra, a Lúa. É o silencio aparecía, é o corazón latexaba o recoñecelo. Así era como entendíamos os cativos o silencio.

Dende entón ¿Cantos silencios foron pasando? É ¿cantos se perderon? É, si por acaso un corvo toleiro, ¿Que pasaría? Esperanza inútil, a penas atravesaría outro silencio.

Non esperes pois, o final do silencio, é se non, pide axuda a bendita luz da aurora. . . Esta nunca se esquece; os oídos se asombran e a mirada se desvanece: Ei, aquí na miña vida de velo, pensando en Fornelos da Ribeira.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion