Silverio Rivera: O Zapateiro de Fornelos

zapateiro

zapateiroFoi amigos, un zapateiro remendón, con quen pasaba moitas tardes nos veráns. No seu taller de reparacións de As Fraguiñas, escoitaba con atención as para si, verdadeiras historias das xentes de Fornelos da Ribeira, que eran relatos dos acontecementos do ano.

Aquel pequeno taller de reparación de calzado, era o rueiro dos faladoiros con uns e outros, cando o noso pais e a nosa aldea, fora varrida de homes e mulleres, é desgraciadamente algunhas mortas a tiros ou de fame, amén dos emigrantes para América.

Aquel taller do amigo Silverio Rivera, con el dentro, era lugar de reunión; é naquel tempo, facíame os zapatos do ano, mentres me arranxaba os vellos xa rotos, de tanto dar coas pedras.

A verdade é que pola cidade de Vigo lucía aquel modelo de París “made in Fornelos”.

Aínda hoxe me parece velo co mandilón de coiro, unha badana moi flexible, o camiño do taller é o rueiro do Casco onde vivía coa súa familia, na A Laxe. É, a tenda de Manolo ou a de Guillade o perruqueiro, alí estaba para beber un “tintorro”. Lémbrome de como recollía o mandilón, mellor dito, unha punta do mandilón a cintura. Lémbrome, de cando ollaba para algunha muller; de como se puña tristeiro é de como sacaba algunha melancólica mentira espetando:¡Que desgraza! ¡Que desgraza!, ¡Que desgraza! É a incauta muller co ánimo de saber do que se trataba lle facía preguntas na procura da verdade do que falaba.

É, ti ¿non sabes que o Manolo do Churreiras lle rebentara unha pipa de viño e se lle enchera de auga toda a casa? ¡Que desgraza! Lle espetaba.

Lémbrome tamén da parodia de que chegara un buque de carga con carne arxentina, enviada polos emigrantes de Bos Aires, para que non se pasara fame. É a pobre da xente toda de Fornelos, enganada, corría a Ponteareas a pola ganga da dita carne, que non encontraba en ningunha das moitas carnicerías que alí había. ¡vaia por Deus! Si todo era mentira. . .

Agora venme a memoria como o “roxo que era” o amigo Silverio, dándome explicacións de “Abaixo as ditaduras”. Certamente falábame, de Josefina García Segret. Daquela mestra de Tomiño, a quen lle pasearon o seu home, Hipólito Gallego, tamén mestre de Forcadela.

Daquela xa me daba vergoña observar a miseria cultural desta nosa terra, cando me contaba como foran a sacalo da prisión de Tui, pola chamada Escuadra do Amañecer, sen que ninguén puidera facer algo por semellante atropelo.

Choraba , cando me contaba como fora fusilado a tiros na entrada de Mondariz Pobo, o 4 de outubro de 1,936, xunto o ferreiro de Caldelas, con catro mais.

Vergoña, e mais que vergoña, para un estudante, como eu, ver como fora maltratada a cultura do noso pais. Por un delito de ser republicana, como eu, sen haber feito dano algún. ¡E canto tempo durou o ataque a cultura e a xente toda do pais”!

Despois souben de como Josefina García Segret estivo en distintas prisións ata que o 20 de Xullo de 1.944 chega a Vigo, en tan mal estado de saúde que ingresou na Clínica Millán no 1.945.

Daqueles faladoiros do taller de Silverio, aparecían os avatares da vida polo estado de depresión e outras enfermidades. E, me falaba de Josefina García Segret, en 1.946 chegada a A Guarda para visitar uns amigos, Manuela Baz Domínguez, muller de Antonio Domínguez Pacheco, fusilado pola barbarie xunto a seu irmá na Sanguiña, polo Agosto do 36. Aquel Silverio Rivera, zapateiro remendón era un foco de cultura e sabía o que lle pasaban os seus amigos políticos.

Estaba o día dos aconteceres do pais.

Quedoume na memoria cando Manuel das Auroras, protexera a Josefina e no 1.948 viñera para Vigo; tamén de Mercedes Romero Abella, María Vázquez Suárez, Concepción González Mosquera, Elvira Baz Maceiras, Isabel Ríos Lezcano é Ernestina Otero Sestelo, de quen xa falei dela nestas páxinas. Todas elas marcadas polo seu parentesco é padecendo en silencio, as traxedias da nosa incultura. Entre a árbore da vida / é a árbore da morte / só a muller reenxendra o dereenxendrado do home. Que, d.e.p. estes xenerosos loitadores pola cultura e que a súas sangues sexan o cultivo, para unha nova terra redimida da incultura. Aquí tamén estou eu.

Síguenos:

3 Comentarios

    • Síntome orgulloso de ser amigo do teo avó. Por iso sentinme feliz de sacalo aquí, é publiquei unha fotografía o mais acertada posible de tal como era. Si tes algunha a cambiamos. O taller estaba nun localiño baixando para Rañe, na mesma esquina, onde pasei moitas tarde con el. Eu son o último da familia Cambra, do eido de O Casco. Un bico, Manuel Alfonso.

Dejar una contestacion