Antonio Estévez Núñez

Antonio Estévez Núñez Buscamos familiares e lugar de nacemento. Embarcou en Vigo e chegou o Porto de Bos Aires o 27 de Agosto do 1.905 con 19 anos.

O buque que o levou fora o Magellán. Radicouse na Arxentina, descoñecemos o lugar. Era fillo de José e de Carmen. Nacera, o 5 do marzal de 1.886 descoñecemos o lugar. Casou o 19 de Agosto de 1.912, descoñecemos o lugar. E morreu o 21 de Abril de 1.964 descoñecendo onde está enterrado. Estes son os datos de que dispoñemos.

A solicitude faina o parente José María Estévez Cambra en nome da súa neta, Gloria López Lecube Estévez, filla de Ramón Luís López Lecube (1.917 / 1.990) é Cleopatra Inés Estévez (1.909 / 2.003 / Bos Aires), quen solicita dar cos orixes e posibles familiares existentes actualmente. Na nosa terra.

Nesta procura, colabora con nós, o amigo Jesús Presa a quen lle damos as grazas, pola súa boa disposición.

A dificultade está que son moitos os Antonio Estévez Núñez existentes en diversos lugares, algúns dos cales, como Antonio Estévez Núñez, coñecido polo paxaro, fora nado en 1.840. E o outro Antonio Estévez Núñez no 1.874 e non saíran de Facínas (Tarifa. Cádiz). En Portugal, aparecen dous Antonio Estéves Núñez, ademais de Salvaterra, Arbo e Monforte de Lemos sen relación algunha co que buscamos. A lo menos ata este momento.

Nos arquivos da Xunta de Galicia e no Museo Histórico dispoñen dos datos que lles facilitou Arxentina. Por conseguinte so, o Rexistro Civil ou Eclesiástico de nacementos e defuncións poden facilitarnos a labor, pero ¡claro! son moitos e que ademais a data de nacemento sexa correcta: labor de titáns. Por iso, recorremos a este medio moito mais fácil, dentro do que cabe. Grazas pola colaboración a todos aqueles que nos poidan facilitar datos. Cal quer dato será bo, para compracer esta petición. ¡Adiante pois!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion