Descorcha. . .

bodegas botella coto redondo vinoAgora que ven o verán, unha botella de albariño, é escoita o linguaxe do viño. Tal como o lo digo. Este é un dos grandes segredos do Condado de Salvaterra do Miño a Paradanta: O viño e o seu linguaxe. Identificado a hora de expresar as súas características.

Catro son as súas fases: Visual, aroma. Gusto e sensación táctil.

Visual, onde analizamos a cor en base a tonalidade e intensidade. Xeralmente, no Condado se utiliza o nome das cores seguido do adxectivo matriz. Para a intensidade empregase como boa. media ou baixa.

A fase cheirativa (aroma), na que se describe o elemento de contacto co viño que lle da a característica propia da froita ou da madeira da barrica, no caso dos viños de crianza.

No caso gustativo está o equilibrio é a intensidade dos catro sabores básicos, doce, salgado, ácido ou amargo, e a sensación que evoca no seu conxunto.

Soamente, nos queda a sensación táctil que evoca o grao de intensidade o seu paso pola gorxa. De maior a menor dureza: Astrixente, duro, pulido, afroitado, etc.

En cal quer Adega do Condado de Salvaterra, levan o distintivo D.O. Rías Baixas, con viños elaborados polos enólogos que pensan nunha elección adecuada e esencial para que cada un poida saborear os grandes viños da Comarca.

Os gacios vanse cebando coa intermitente e húmido orballo, que é capaz, despois, de quentar o pensamento e a alma. Os viñedos descansan sobre ladeiras do Miño e Tea, escapando da sombría néboa, que como algodón adornan as tranquilas augas dos ríos.

A frescura na gorxa dun treixadura, incluso despois de que o mosto deixe paso o viño. O Mencía, protagonista co Godello, denso é cálido. Viños populares, porque, como galegos, falamos deles alá onde nos encontremos.

As variedades autóctonas nos dan tipicidade o viño. Treixadura, Godello, Templanillo, Garnacha ou Torrontés; Caíño e Brencellao. É sobre todo o albariño, dun bando e do outro portugués.

Viños exquisitos como admirados pola cor pálida con irisacións verdosas e frescura a gorxa. Este é o albariño. Descóbreo e goza da clave en cada momento. ¡Xa mo dirás!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion