O teatro nas Fraguiñas

teatro as fraguiñas

teatro as fraguiñasPara os amigos da miña aldea que tan ben manteñen a tradición.

Digo eu que a orixe do teatro na nosa aldea de Fornelos, xirou noutras épocas en torno as festas relixiosas do Nadal e Aninovo. O final das cerimonias sacras, interpretaban algunhas escenas da Vida de Xesús. Nos sa non lembramos nada disto.

Pouco a pouco, se foron introducindo certos elementos alleos a relixión convertendo en verdadeiras actuacións teatrais nos adro da igrexa. Finalmente, elementos profanos superaron o relixioso é o teatro converteuse nun espectáculo para a nosa xente. E pasouse a celebralo en As Fraguiñas.

É moi probable que esta aflición que se veu dando na nosa parroquia de Fornelos, sexa mantida noutros lugares. Non o sei, pero é posible da imitación dos autos de fe, dos misterios; é das profanas, farándulas, xogos, etc. propiciados polas cofradías da Idade Media, cando as festas patronais nas que acudían os comediantes ambulantes o longo daquelas centurias.

As comedias se representaban nun improvisado foro presidido por un humilde escenario, e si os dades conta, coa bandeira nacional no alto do campanario da igrexa, é sentados naqueles bancos de madeira da escola esperando aplaudir.

Penso que, como en todo, naquelas comedias se armaba a gorda, cando os comediantes soltaban algunha farrapada contra o espírito aldeán, que loxicamente terminaba coa expulsión dos mesmos. Eran tempos pasados.

Hoxe o teatro en As Fraguiñas goza de boa saúde e vai espallando a cultura pouco a pouco entre a nosa xente, que o merece todo.

Fornelos necesitaba a luz,
para sentirse ser,
vento, flor imprevista,
para soñar na cultura.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion