Falar por falar

Rogelio Estévez Cambra falarHoxe falo dos acontecementos ocorridos en Bahía Blanca, a Rogelio Estévez Cambra é outros. Sabido é que a conflitividade bonaerense de Tres Arroyos, 1.868 – 1.900 merecía unha investigación xurídica a finais do século XIX.

Naquelas prácticas sociais a chamada Xustiza de Paz, andaba entre as demandas civís e a violencia interpersoal que chegou ata o ano 1.900, onde se observaba os litixios locais, os fluxos inmigratorios é o incremento das actividades económicas e outras cuestións tratándose dunha sociedade mais interesada na disputa do patrimonio, moito mais práctica que a información xeral no foro criminal –vide infra.

Todas as contradicións ideolóxicas e algúns espazos políticos, pillaron a Rogelio Estévez Cambra, como notario público, como notario da mariña e rexistrador civil, no contexto de 1.893 nesa provincia de Bos Aires, que deu pe a batalla dos argumentos, ata a crise dos anos trinta.

En Bahía Blanca, entre insultos de oficio, como hábito de traballo, nace o conflito social, baixo a influencia de Domingo Faustino Sarmiento. Por un lado, outorga Rogelio Estévez Cambra, a escritura, como notario, da constitución do Club Arxentino, é polo outro a revolución con 150 homes encabezados polo xeneral Madariaga, detendo a noite do 12 de Agosto de 1.893 a Rogelio Estévez Cambra, a Zabala é López Carmelo, homes fortes da época.

Logo do 1.893 o radicalismo tomou o camiño da concorrencia electoral. E así foi, como no 1.894 había inscritos 675 no padrón con 400 radicais.

A práctica revolucionaria en Bahía Blanca era ilegal e querían actuar como amparados polas lexitimidade.

Hoxe, Bahía Blanca con características similares a cidade de Vigo, é un emporio de riqueza. E unha das principais fontes de ingresos con una poboación similar a Vigo, 300.000 habitantes.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion