Domingo Iglesias Porta

Domingo Iglesias Porta Unha dinastía de educadores na República Arxentina. Este home nado na vila e feligresía de San Lorenzo de Salvaterra do Miño, un 20 de Maio de 1.847, fillo de Antonio Iglesias e de Rosa da Porta, veciños de Barrio e da Ponte, respectivamente. Eran avós paternos, Juan Antonio Iglesias e Isabel Vaz do rueiro de Barrio; maternos Gerónimo da Porta e Josefa Rodríguez do rueiro do Outeiro. Padriños: Domingo Antonio González e Rosa Correa. Datos que aporto por si os descendentes de Salvaterra, non se lembran deles.

Ben isto a miña memoria, polo pasado centenario da Escola Normal de Quilmes, na Arxentina, é como dinastía de educadores, na figura de Evaristo Iglesias Hasperué, nado no 1- 10-1.895 na cidade de La Plata. Era, polo tanto, fillo de Antonio Iglesias Hasperué. O seu avó, Domingo saíra un día polo Porto de Vigo, en 1.869 camiño de Arxentina, non regresando nunca mais a súa terra. Casara con Mariana Hasperué, de familia vasco francesa de Quilmes.

Domingo tiña entón, un taller de reparación de carros, entre Sarmiento e Rivadavia en Quilmes. Mariana, mestra en Lobos. Tal como sucedía no século XX, era mestra,directora, conselleira familiar é social do pobo, que os meniños esperaban a chegada en carro da mestra.

Mariana, como tesouro educativo, sacou a flote a familia coa súa inconmensurable valor é coñecemento educativo. Evaristo, Antonio, é Héctor, con María Celia, foron mestres na Escola Normal de Quilmes no 1.927. Convencidos – como non – de que era a única arma transformadora da sociedade.

Avatares da vida, Melitón Zavala, casado con unha irmá, se suicidara e deixou a Evaristo o cargo da familia. Evaristo exercía de mestre en Quilmes é Campana. Ademais seguía estudando Filosofía é Letras chegando a Inspector Xeral de Escolas, é Conselleiro xeral de Escolas.

En 1.926 casou con Lucrecia Amelia Iriondo, mestra, na Capital Federal. No 1.928 o xornal ABC, publicou un traballo: “El patriotismo y la historia en la Escuela Primaria”.

Foi un estudoso colaborador co seu irmá Antonio na Xuntanza de Estudos Históricos de Quilmes.
No Agosto de 1.946 fora designado director do Museo Alte.

Evaristo, influenciado pola época de Bartolomé Mitre é vencedores de Caseros, Antonio, menos é Juan Manuel, con eles, chegaron a reunir unha grande cantidade de apuntes destinados ao libro,que nunca mais chegou. Curiosamente, dende Río Iguazú ata as vías do ferrocarril, levaban o nome de Evaristo Iglesias.

Héctor Iglesias nada en 1.897 estudara contabilidade e se empregara nunha importadora, casando con Clotilde, de familia rosarina. Tiveron a Graciela Iglesias de Boffelli.

María Celia Iglesias Hasperué, mestra, radicada en Quilmes. De grande cultura, estudara filosofia é Ciencias. Fala alemán, é Inspectora de Zona, escribiu, deu conferencias é no ano 1.960 integrou un Congreso de Educadores organizado en Puerto Rico pola Unesco.

Lucrecia Delia Iglesias Iriondo, filla de Evaristo, licenciada en Matemáticas, é especialista en didáctica de la Matemática, profesora da Universidade de Bos Aires ata “la noche de los bastones largos”. ¿-?

Fixo as súas incursións na área da psicoloxía da ensinanza, etc… falecendo no 2.009.

Antonio Iglesias nado en La Plata en 1.893, foi profesor de Historia coa súa participación na vida municipal. Autor de varios libros: “Historia Universal”, é “Historia Argentina” (1.936).

Loxicamente, felicito a Raquel Gail de Quilmes, polo traballo feito na honra dos Iglesias de Salvaterra do Miño, e que forzas ocultas da vida, o levaron a esa terra irmá de Quilmes, onde quedan as raíces é xenes dos nosos irmás. Aquí queda pois o noso recoñecemento.

Síguenos:

1 Comentario

  1. Quisiera rectificar una interpretación errónea. Si bien el artículo sobre la familia Iglesias lo he publicado en mi Blog http://www.archivo104.blogspot.com, la autoría corresponde al Prof. Chalo Agnelli, quien generosamente lo compartió. La nota original está en
    http://elquilmero.blogspot.com.ar/2012/09/los-iglesias-dinastia-de-educadores-y.html
    Agradecemos que haya sido de vuestro interés.
    Muy atentamente,
    Prof. Raquel Gail

Dejar una contestacion