Actividades de Lazoiro

lazoiroAndainas medioambiental e cultural dentro do Ekofeirón Galaico-portugués que terá lugar en Salvaterra (sábado 18 de domingo 19 de xuño)

Con motivo da celebración do primeiro Ekofeirón galaico-porutugés que terá lugar os días 18 de 19 de xuño no parque de Salvaterra de Miño, dende a Asociación Lazoiro imos colaborar cos organizadores realizando dúas andainas. O Ekofeirón contará con postos de artesanía, comida, coméstica natural, cervexa artesá, actividades…

Andaina medioambiental (sábado 18 de xuño)

Roteiro ambiental pola ribeira do río miño con identificacións botánicas.

Saída: entrada principal do parque
Horario: 17:30h
Percorrido: 4km
Duración: 1:45h aprox
Inscrición: de balde

Andaina cultural (domingo 19 de xuño)

Castelo de Salvaterra – Murallas de Monçao – Centro de Monçao e volta a Salvaterra

Saída: entrada principal do parque
Horario: 11:00h
Percorrido: 6km
Duración: 2h aprox
Inscrición: de balde

+info e cartaz https://www.facebook.com/Lazoiro

Obra de teatro da SCD CONDADO (domingo 19 de xuño)

O grupo de teatro BICHARADA da SCD Condado que tivo o pracer de estrearse nas xornadas de Teatro de Alxén estarán o vindeiro domingo 19 en Salvaterra.

Dende a Asociación Lazoiro aportamos o noso gran de area para que poidan representar en Salvaterra a obra «COMEDIA BÍFIDA».

Hora e lugar aínda sen confirmar.

+info e cartaz https://www.facebook.com/Lazoiro

Ciclo de conferencias: noites de faladoiro (sábado 18 de xuño ás 20:30h) con Fernando Abreu

Comeza un ciclo de conferencias que pretende dinamizar a actividade cultural de Salvaterra. A primeira destas conferencias terá lugar o sábado 18 de xuño ás 20:30h no café-bar SOHO con Fernando Abreu, profesor de música, Membro do dúo «Dous» e da banda «Crebisnky».

O faladoiro será guiado, onde a xente tamén poderá participar.

+info e cartaz https://www.facebook.com/Lazoiro

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion